Escoitar

Comeza o servizo de socorrismo en once areais de Vigo

A Concellería de Medioambiente, dirixida pola socialista Chus Lago, ampliou a presencia dos socorristas a dúas praias máis que o pasado ano. A edil explicou que o persoal estará presente do 15 de xuño ao 15 de setembro nas oito praias con bandeira azul, ademáis de en Samil, Saiáns e no Agro, en Bouzas.

martes, 15 xuñ 2010
1276604273socorrista.jpg
A edil de Medioambiente, a socialista Chus Lago, explicou que hoxe martes, 15 de xuño, deu comenzo o servizo de socorrismo en once areais do termo municipal de Vigo, cunha ampliación de cobertura con respecto ao pasado ano de dúas praias.

Deste xeito, ademáis das praias con bandeira azul contarán con servizo de socorrismo Samil, Saiáns e O Agro, en Bouzas, amosando a "aposta por un servizo de calidade" nos areais vigueses. Chus Lago avanzou que hai 26 postos de socorrismo en todo o municipio e que nos meses de xuño e setembro prestarase un servizo que se verá ampliado nos meses de agosto e setembro.

En Cíes, nas praias de Rodas e Figueiras, haberá dous socorristas en cada praia de luns a venres e cubrirán o horario de 10:00 a 20:00 horas, coincidindo cos horarios de comenzo e finalización do servizo de transporte marítimo ás illas.

Tamén de luns a venres haberá dous socorristas nas praias de Saiáns, O Vao e Tombo do Gato entre as 16 e as 20:00 horas, coa excepción de Samil, praia na que pola gran afluencia de bañistas contará sempre con 6 profesionais.

Durante as fins de semana destes meses de xuño e setembro as 11 praias estarán cubertas polo persoal entre as 12:00 e as 20:00 horas, con dous socorristas en todas elas, a excepción de Samil.

A elo hai que engadir a presenza de tres responsables do servizo durante todo a tempada estival que velarán polo correcto funcionamento do mesmo. Xa durante os meses de xulio e agosto a concellería de Medioambiente ampliará a cobertura nos horarios de mañán e tarde. Tamén súmanse os efectivos de Protección Civil que traballarán de luns a venres en horario de 16 a 20:00 horas e de 11:00 a 20:00 horas durante as fins de semana.
Descargar todas as imaxes