venres, 18 xuño 2010

O alcalde anuncia que a vindeira semana habilitaranse 480 novas prazas de aparcamento en Samil

Abel Caballero explicou que, desde a próxima semana, os cidadáns poderán aparcar en catro novos espazos, cun total de 400 prazas, ubicados en Alcabre, dous na Avenida de Europa e outro próximo á pista de automodelismo. Ademais, o Concello gañou outras 80 prazas prohibindo aos autobuses estacionar en Samil, polo que deixarán aos usuarios e aparcarán de balde nas instalacións de VITRASA.

A Brigada policial para costa e praias contará este verán con 14 axentes e un oficial permanente ao mando

venres, 18 xuñ 2010

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou este venres o dispositivo policial para a vixilancia e seguridade das costas e das praias, conformado por 14 axentes e a novidade dun oficial permanente ao mando da brigada. Caballero eloxiou o "factor de seguridade e confianza" que supón a súa presenza nos areais da cidade. O Concello instalou ademais paneis informativos sobre o axeitado uso da praia de Samil.

Xabier Alonso anima a participar na carreira de San Xoán, para superar os 300 participantes do ano pasado

venres, 18 xuñ 2010

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, fixo este venres un chamamento á participación na XXVII Carreira Nocturna de San Xoán, que sairá o día 23 de xuño ás 21.15 horas dende a praza do Rei. O nacionalista destacou que esta carreira está incluída no Circuíto de Carreiras Populares, e nela os deportistas ademais de disputar a carreira poderán tamén participar na sardiñada prevista ao remate na Praza do Berbés.

O tenente de alcalde logra a unanimidade da asamblea do Spain Convention Bureau para a incorporación de Vigo

venres, 18 xuñ 2010

O tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Santi Domínguez, recolleu hoxe o apoio unánime da asamblea do Spain Convention Bureau para a incorporación da nosa cidade a este organismo de xestión de turismo congresual, de incentivos e de negocios. Esta incorporación, xa efectiva, permitirá a Vigo entrar nun circuíto internacional e beneficiarse de todas as accións de promoción que se desenvolven a través do Spain Convention Bureau para a captación de novos congresos.

Á venda as entradas para o concerto que Public Enemy ofrecerá en Castrelos o 5 de agosto

venres, 18 xuñ 2010

Xa están á venda as entradas para asistir ao concerto que o grupo de hip hop Public Enemy ofrecerá no auditorio de Castrelos o día 5 de agosto ás 22 horas. Puxéronse á venda un total de 3.500 entradas, a un prezo de 10 euros adquiríndoas anticipadamente e 12 euros en taquilla. Poden mercarse a través de www.servinova.com, no teléfono 902 504 500 e na Central de Espectáculos (rúa Velázquez Moreno).

"Súbete ao Castro" celebra mañá sábado a festa fin de curso con actuacións e os concertos de Life in Green e Frab Fly

venres, 18 xuñ 2010

O programa de lecer xuvenil alternativo "Súbete ao Castro" celebrará mañá sábado a súa festa fin de curso no seu emprazamento habitual ao carón da pista de bicicletas de O Castro, segundo anunciou a concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso. A partir das 18 horas sucederanse as actuacións do alumnado e profesorado, que rematarán ás 23 horas co Castroconcerto do grupo de punk rock Life in Green e de pop rock Frab Fly.

B A N D O

REQUISITOS PARA A CONCESIÓN DE AUTORIZACIÓN PARA O DISPARO OU QUEIMA DE MATERIAL PIROTÉCNICO (MENOS DE 50 KG.)DENTRO DO TERMO MUNICIPAL DE VIGO

venres, 18 xuñ 2010

Por medio do presente Bando, ponse en coñecemento dos interesados en<br /> realizar disparos ou queimas de material pirotécnico en contía menor de<br /> 50 kg. no termo municipal de Vigo, en especial as comisións de festas e<br /> empresas pirotécnicas, os requisitos necesarios para obter a preceptiva<br /> autorización municipal.

Mobilidade, transportes e seguridade

Anuncio itinerario da marcha pola sanidade pública

venres, 18 xuñ 2010

Ás 10:00 horas do vindeiro domingo 20 de xuño de 2010, terá lugar unha marcha pola sanidade pública por mor das reivindicacións que están a realizar os traballadores e traballadoras do Servizo Galego de Saúde en contra da privatización da sanidade pública.