Escoitar
Concellería de Mobilidade, Seguridade e Transporte

Peche ao tráfico de Numancia e Barciela

venres, 18 xuñ 2010
Ponse en coñecemento do público en xeral que, por mor das obras de inspeción de canalización de saneamento a realizar pola empresa AQUALIA, estará pechada ao tráfico a rúa BARCIELA, en HORARIO NOCTURNO, con acceso exclusivo para garaxes, dende o luns 21 de xuño de 2010 ás 23:00 horas e por un período aproximado de tres días.

Por outra banda, e por mor das obras de canalización de gas, a realizar pola empresa GAS GALICIA, estará pechada ao tráfico a rúa NUMANCIA, treito entre as rúas Asturias e San José, con acceso exclusivo para garaxes, dende o luns 21 de xuño de 2010 ás 10:00 horas e por un período aproximado dunha semana.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.