xoves, 17 xuñ 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, anunciou este xoves que o remodelado Auditorio Municipal se inaugurará o vindeiro martes, 22 de xuño, cun espectáculo de danza a cargo do compañía de Quique Peón, e a partir desa data acollerá unha programación municipal estable das artes escénicas. Na visita que realizou esta mañá ao Auditorio, na que tamén participou o concelleiro de Cultura, Xesus López, o nacionalista destacou que a reforma permitiu solucionar as "innumerables deficiencias e carencias que viña arrastrando de hai moitos anos".
xoves, 17 xuñ 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, anunciaron este xoves a renovación dos convenios con outras tres entidades sociais da cidade, como son Afaga (Asociación Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia), a Asociación de Persoas Xordas e a Fundación Menela. O nacionalista subliñou a continuada aposta da Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Benestar Social "polo labor que desenvolven as entidades de carácter social que se unen ao noso traballo por dar resposta ás necesidades das persoas".
xoves, 17 xuñ 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, presentou este xoves as competicións de billar que comezan mañá en Vigo, como son o Campionato Galego, que se celebrará dende mañá 18 de xuño ao 9 de xullo, o IX Campionato de España de Billar Pool, que terá lugar do 21 ao 26 de xuño e o Open Intercontinental, os días 24 e 25 de xuño. Destacou que a celebración destas probas no Ifevi supón a presenza de arredor de 10.000 persoas na cidade e un retorno económico próximo aos 4 millóns de euros.
xoves, 17 xuñ 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, anunciou hoxe que o X Forum FISU, que a cidade recibirá do 21 ao 26 deste mes, baterá todas as marcas de países participantes e persoas que acudan. "Vigo vai ser a capital mundial do deporte universitario", subliñou Santi Domínguez en rolda de prensa.
xoves, 17 xuñ 2010
O Concello de Vigo recibirá mañá en Madrid o premio Cocemfe 2010, concedido pola Confederación de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica (Cocemfe) polo seu traballo a prol da mellora da accesibilidade e integración das persoas con discapacidade. O galardón recoñece os programas postos en marcha dende as distintas áreas do goberno da cidade para dar resposta ás dificultades coas que se atopan as persoas con discapacidade.