luns, 14 xuñ 2010
O alcalde de Vigo acudíu este luns a visitar o resultado do acondicionamento do parque infantil, do entorno e da pista deportiva sita na rúa Merlo, no que o Concello investíu 72.000 euros, "un dos cinco maiores investimentos que fixemos ata o de agora en parques". Abel Caballero tamén informou dun convenio de colaboración asinado con Agarimo para a realización das súas actividades de asesoramento cidadá.
luns, 14 xuñ 2010
O tenente de alcalde e concelleiro de Comercio, Santi Domínguez, anunciou este luns que a terceira edición da Feira de Liquidación de Stocks, Stockaxe, se celebrará no Ifevi os días 16 e 17 de outubro. Na presentación, na que tamén participou a presidenta de Fecovi, Encarna Álvarez, o nacionalista destacou que se agarda unha cifra de visitantes de 30.000 persoas, superando así os 25.000 visitantes da pasada edición, que tivo un volumen de negocio dun millón de euros.
luns, 14 xuñ 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, inauguraron onte o novo campo de fútbol municipal de Navia, que leva o nome do ex xogador do Celta, Deportivo e Real Madrid, Pahiño. Na súa intervención, o tenente de alcalde destacou que esta nova infraestrutura é un exemplo máis da aposta do BNG polo deporte de base.
A Asociación Arte & Filigrana organizou o evento xunto coa Alcaldía de Vigo
luns, 14 xuñ 2010
O pasado sábado, no Pavillón do Berbés, tivo lugar a Demostración e Exposición de Encaixe de Bolillos, con presenza maioritaria de palilleiras galegas. A xornada, que deu comezo ás 10:30 e rematou ás 19 horas, foi gratuita para o público e incluíu xunto á mostra un mercadillo con produtos á venda. Entre as 33 asociacións participantes, das que 15 son de Vigo, sorteáronse cinco cheques regalo que entregou a edil de Economía, Raquel Díaz.