A concelleira de Economía e Facenda entregou cheques regalo aos participantes do 4º Encontro Nacional de Palilleiras "Cidade de Vigo"
O pasado sábado, no Pavillón do Berbés, tivo lugar a Demostración e Exposición de Encaixe de Bolillos, con presenza maioritaria de palilleiras galegas. A xornada, que deu comezo ás 10:30 e rematou ás 19 horas, foi gratuita para o público e incluíu xunto á mostra un mercadillo con produtos á venda. Entre as 33 asociacións participantes, das que 15 son de Vigo, sorteáronse cinco cheques regalo que entregou a edil de Economía, Raquel Díaz.
A Alcaldía de Vigo e a Asociación Arte & Filigrana organizaron este sábado o 4º Encontro Nacional de Palilleiras "Cidade de Vigo", que reuníu no Pavillón de Berbés a cincocentos participantes provintes de toda a xeografía nacional.
Por cuarto ano consecutivo, o obxectivo desta xornada gratuita foi destacar a elaboración do encaixe de bolillos na cidade, para que o Vigo acolleu un total de 33 asociacións, maioritariamente galegas e das que 15 son da propia cidade olívica. O evento comezou ás 10:30 horas para rematar ás 19 horas do sábado.
Xunto á mostra das habilidades das palilleiras, dentro do propio recinto instalouse un mercadillo de venda de produtos onde os asistentes poideron adquirir pezas artesanas. Bolillos de Cáceres, Cataluña e Ponferrada compartiron espazo cos bordados galegos.
Entre outros regalos, a organización do evento preveu para as 18 horas do sábado un sorteo de cinco cheques regalo entre todas as asociacións participantes, acto ao que acudíu en representación municipal a concelleira de Economía e Facenda, Raquel Díaz, para facer entrega dos premios aos agraciados.
A confección do encaixe de bolillos é unha práctica artesana con gran arraigo tanto en Vigo como no resto de Galicia, e enormemente valorada pola complexidade e o esforzo no seu traballo. A celebración destes encontros xeran grande expectación e, tras o éxito de asistentes acadado en edicións anteriores, a organización contou para este ano cunha afluencia de público relevante.