O décimo Festival Aéreo Internacional de Vigo reunirá o 18 de xullo a unha vintena de patrullas e pilotos acrobáticos
A organización espera superar os 400.000 asistentes para consolidar o festival como "o evento de lecer de maior afluencia do noroeste peninsular". A Patrulla Aguia, que conmemora a súa 25 aniversario, e a Armada Española, que se suma ao certame coa entrega da bandeira de combate á Fragata F100 Méndez Núñez e a atracada do buque Juan Sebastián Elcano, serán dous dos principais atractivos. A programación da Semana Cultural Aeronáutica incluirá os días 15, 16 e 17 diversas exposicións, conferencias e probas en simuladores de voo, entre outras actividades. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou a décima edición do FAV en Madrid.