Escoitar

Industria asegura que traballa "codo con codo" co alcalde para traer a Vigo a factoría de baterías para o coche eléctrico

O ministro de Industria, Miguel Sebastián, visitou este martes as instalacións da factoría viguesa de PSA Peugeot Citroën -acompañado do alcalde de Vigo, Abel Caballero- tras o que acudíu ao astaleiro de Metalships. Sebastián asegurou que traballa co Concello e Xunta para instalar unha factoría de baterías, e salientou a relevancia do coche eléctrico, no que tamén traballa co goberno municipal.

martes, 15 xuñ 2010
1276606076psa.jpg
O ministro de Industria do Goberno de España, Miguel Sebastián, acompañado polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este martes a factoría viguesa de PSA Peugeot Citroën e asegurou que traballa "codo con codo" con Xunta e co alcalde para traer a Vigo a factoría de baterías para coches eléctricos.

O titular da carteira de Industria recordou que o vehículo eléctrico representa "o futuro do automóbil" polo que respaldarán a PSA na súa construcción. Sebastián indicou que o apoio pode ser tanto en innovación como en infraestruturas de recarga, no que están a traballar conxuntamente con concellos como o de Vigo, apuntou.

Sobre a factoría de baterías recalcou que son "a clave para o desenvolvemento do vehículo eléctrico", e explicou que, cara á súa instalación na cidade olívica, Vigo agora está na "final" xunto cunha localidade de Austria, cando partían un total de 10 urbes candidatas. O ministro pedíu "prudencia" ata a decisión final.

Miguel Sebastián afirmou que o obxectivo do Ministerio que dirixe é "facilitar" o uso do coche eléctrico, por eso están proxectadas axudas directas á compra e unha "tarifa superreducida" para recargar o vehículo pola noite.

O ministro recordou que o grupo PSA foi o segundo que máis axudas recibiu do Goberno de España no Estado para os seus plans de competitividade, unha das "prioridades" de Industria, e alabou a factoría de Vigo, "a máis produtiva e moderna" de España, "fundamental para a industria do automóbil de España" e que "representa a innovación a competitividade e a internacionalización".
Descargar todas as imaxes