O Concello reclama a "cooperación" da Xunta de Galicia no albergue e a "transferencia" da Gota de Leite
O alcalde entrevistouse este luns coa conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e solicitoulle en materia de asuntos sociais unha relación "bilteral e directa" co Concello de Vigo, "sen intermediarios", ademais de "cooperación" no albergue que porá en marcha a cidade e a "transferencia" do edificio da Gota de Leite. O Concello plantea "acordos" coa Xunta neste aspecto e estudará a nova figura que prevé suplantar ao actual Consorcio do Benestar.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reclamou este luns á conselleira de Traballo e Benestar Social da Xunta de Galicia, Beatriz Mato, a "cooperación" do goberno autonómico na xestión do futuro albergue municipal e a "transferencia" da titularidade do edificio da Gota de Leite.
O alcalde, quen acudíu á reunión coa concelleira de Benestar Social, María Méndez, plantexou á Xunta de Galicia como solución "óptima" a cesión das competencias e dos recursos para que o Concello xestione as antigas galescolas e os centros de día que actualmente ríxense en colaboración co goberno autonómico mediante o Consorcio do Benestar instaurado polo anterior executivo galego.
Segundo explicou Caballero, "parecenos ben" o actual modelo de xestión a través do Consorcio, polo que o Concello asume unha terceira parte do custo -e a Xunta de Galicia as dúas terceiras partes restantes-, as decisións tómanse bilateralmente entre os gobernos autonómicos e local e son ratificadas nunha asamblea composta por uns 200 membros entre os que o Concello vigués está presente.
O socialista indicou que estudará a nova proposta da Xunta de Galicia para substituir o Consorcio actual, pero salientou que a axencia resultante, no tocante a Vigo, debe cumprir con algúns requisitos: un sistema de relación "bilateral" entre Xunta e Concello configurado como "foro de colaboración e cooperación" entre as partes, presenza "directa" do Concello "sen intermediarios" -como pode ser a Federación Galega de Municipios- na asamblea decisoria.
O Concello tamén plantexou a Mato "elementos importantes" na cooperación entre as administracións, como son o centro de inclusión social que levará adiante o goberno municipal e a "transferencia" do edificio da Gota de Leite. O alcalde apuntou a receptividade da Xunta sobre o albergue mais defende a cooperación como un aspecto global e non puntual, só sobre algunhas cuestións.
Abel Caballero plantexou a idoneidade dunha política de "acordos" entre o Concello de Vigo e a Xunta de Galicia en materia de benestar social, e avogou pola colaboración como "a mellor forma de levar adiante" as políticas sociais.
Descargar todas as imaxes