Escoitar

A Concellería de Seguridade recibíu solicitudes para organizar 14 fogueiras na noite de San Xoán

O servizo municipal de Bombeiros, dependente da Concellería de Seguridade que dirixe o socialista Xulio Calviño, está a estudar as 14 solicitudes recibidas para a realización de fogueiras na noite de San Xoán de Vigo. De cara a ser autorizadas, os bombeiros inspeccionarán cada unha das peticións 48 horas antes da celebración, para garantir a máxima seguridade da cidadanía.

mércores, 16 xuñ 2010
1276691990hogueras.jpg
O departamento de Seguridade que dirixe o socialista Xulio Calviño recibiu 14 solicitudes para organizar fogueiras na noite de San Xoán, peticións que estúdanse de cara á súa autorización.

A Concellería manexa solicitudes para fogueiras en Castrelos, Beade, Vilar Gandarón, Valladares, Matamá, Bouzas, Zamáns, Coruxo, na Avenida do Aeroporto, Candeán, Saiáns, Val do Fragoso e en Cabral, na súa gran maioría presentadas por asociacións veciñais. As demandadas o pasado ano 2009 ascenderon a 21, das que 17 cumpriron todos os requisitos para ser autorizadas.

Segundo estipula o bando municipal, a fogueira debe estar rematada dous días antes da queima, para que o servizo de bombeiros poida levar a cabo a inspección e control das mesmas. Os efectivos contra lumes cercioraranse, para garantir a seguridade, de que cúmprese coa normativa do Concello ao respecto.

O volume do material combustible das fogueiras non poderá superar os 8 metros de diámetro nin os tres metros de altura. Igualmente, a separación destas cos elementros urbanos (árbores, edificios, etc) será dun mínimo de 12 metros, coidando especialmente a proximidade con elementos combustibles, parques forestais e tendidos eléctricos.

O Concello de Vigo tamén prohibe o emprego de materiais para queima que desprendan fumes tóxicos, líquidos inflamábiles ou sprais. Para protexer o noso patrimonio arquitectónico e paisaxístico, Seguridade non autorizará fogueiras en praias ou nas cercanías a edificios catalogados.

Os solicitantes deben subscribir un seguro de responsabilidade civil e encargarse de que as fogueiras non danen o pavimento, para o que este protexerase cunha capa de area de 10 cm. Os bombeiros serán os encargados de inspeccionar e garantir o cumprimento da normativa 48 horas antes da queima.
Descargar todas as imaxes