Santi Domínguez anuncia que o Auditorio Municipal acollerá dende o martes 22 un programa estable de artes escénicas
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, anunciou este xoves que o remodelado Auditorio Municipal se inaugurará o vindeiro martes, 22 de xuño, cun espectáculo de danza a cargo do compañía de Quique Peón, e a partir desa data acollerá unha programación municipal estable das artes escénicas. Na visita que realizou esta mañá ao Auditorio, na que tamén participou o concelleiro de Cultura, Xesus López, o nacionalista destacou que a reforma permitiu solucionar as "innumerables deficiencias e carencias que viña arrastrando de hai moitos anos".
"Con esta obra convertemos o Auditorio nun espazo axeitado para representar calquera obra das artes escénicas e que permite a súa integración na Rede Galega de Teatro", subliñou Santi Domínguez. Explicou as principais remodelacións que se fixeron, entre as que destacou a colocación das butacas en grada, de forma que se garante a visibilidade dende todo o aforo e superando así unha das principais deficiencias que presentaba para o público.
Respecto ao aforo, o tenente de alcalde sinalou que ronda as 300 prazas, mantendo practicamente a capacidade que tiña antes da remodelación. Santi Domínguez lembrou que as obras acometidas, que supuxeron un investimento de 1,4 millóns de euros, incluiron tamén a ampliación do escenario, a mellora dos equipamentos escénico e técnico, a apertura dun novo acceso directo dende a Praza do Rei, a construción de taquillas, camerinos e aseos e a renovación do mobiliario.
Santi Domínguez salientou que o Auditorio Municipal será un "elemento dinamizador dos grupos artísticos da cidade", pero ademais permitirá acoller outro tipo de actos "sexan ou non sexan culturais", como os organizados por asociacións, colexios ou outros colectivos de Vigo.
Por outra banda, o tenente de alcalde anunciou que a través da páxina www.vigocultura.org calquera persoa poderá aportar as súas suxestións sobre o nome que levará o auditorio. "Despois de realizar esta reforma queremos que teña un nome que identifique a toda a cidade", sinalou. Ao respecto, o concelleiro de Cultura engadiu que nesta web se poderán adquirir as entradas para os diferentes espectáculos, ademais de na taquilla do recinto.
Santi Domínguez destacou que a remodelación do Auditorio Municipal foi un dos primeiros obxectivos que Xesus López manifestou tras a chegada ao goberno e hoxe "témonos que felicitarlo a el e ao seu equipo porque contamos cun Auditorio á altura do que unha cidade como Vigo merece". Pola súa bando o concelleiro de Cultura afirmou que "sen o apoio de Santi Domínguez e a Tenencia de Alcaldía a reforma do Auditorio sería un proxecto imposible de levar a cabo".
O concelleiro de Cultura asegurou que a programación que acollerá o Auditorio Municipal, que aínda non está totalmente pechada, abarcará todas as artes escénicas, dende música a teatro e danza, "a gran esquecida ata agora", puntualizou. Destacou que será unha programación destinada a todos os públicos e que se organizará seguindo unhas liñas básicas pero flexibles.
En función destes criterios, Xesus López indicou que os luns estarán adicados ao cine, mantendo o traballo de colaboración co Club Lumière. Os xoves adicaranse á música "en todos os seus xéneros, pero máis especialmente á bolsa de concertistas e aos pequenos grupos de música da cidade", salientou. Ao respecto mencionou á Orquestra Vigo 430 e o Coro Cidade de Vigo, creado recentemente.
Os venres adicaranse ao teatro de adultos, "tanto de Galiza como de fóra de Galiza", manifestou; os domingos estarán adicados á programación infantil, tanto ao teatro como á maxia, "unha das artes que ten acadado máis éxito", sinalou. Respecto aos sábados, indicou que aínda que en xeral se representarán obras teatrais, permanecerá aberto a outros espectáculos, o mesmo que os martes e os mércores, nos que se poderán programar danza, presentacións de discos ou conferencias, entre outros actos.
Respecto ao espectáculo programado para o martes 22 de xuño ás 20.30 horas, destacou que a apertura ao público do recinto será coa compañía de danza de Quique Peón, formada no 2008. A asistencia será gratuíta mediante invitación, que se poderá recoller na taquilla do Auditorio o luns e o martes de 18 a 20 horas.
En resposta aos medios sobre os prezos dos espectáculos que se celebren nestas instalacións, Xesus López sinalou que "serán asequibles e populares para que a cultura chegue a todos e todas", xa que manifestou que non é partidario de que todas as actividades culturais sexan gratuítas.
Descargar todas as imaxes