Tenencia e Benestar destinan 54.000 euros a apoiar o labor de Afaga, Asociación de Persoas Xordas e Menela
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, anunciaron este xoves a renovación dos convenios con outras tres entidades sociais da cidade, como son Afaga (Asociación Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia), a Asociación de Persoas Xordas e a Fundación Menela. O nacionalista subliñou a continuada aposta da Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Benestar Social "polo labor que desenvolven as entidades de carácter social que se unen ao noso traballo por dar resposta ás necesidades das persoas".
Santi Domínguez destacou que nos tres anos de lexislatura transcorridos incrementouse notablemente o orzamento de Benestar Social e se puxeron en marcha novas iniciativas co obxectivo de mellorar a calidade de vida de toda a cidadanía. Agradeceu ás tres asociacións a súa colaboración co Concello de Vigo para acadar eses obxectivos e destacou o traballo que desenvolve cada unha delas no seu ámbito.
O nacionalista salientou o apoio de Afaga aos enfermos de Alzheimer e as súas familias, da Fundación Menela a posibilidade de ofrecer un respiro familiar ás persoas que atenden a nenos e nenas con discapacidade e á Asociación de Persoas Xordas pola súa contribución no "afán de ter unha cidade sen barreiras e na que exista igualdade de oportunidades".
O tenente de alcalde felicitou a María Mendez polo seu traballo ao fronte da Concellería de Benestar Social, que propiciou a entrega mañá do premio Cocemfe 2010, que concede a Confederación de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica. Ao respecto, a concelleira de Benestar Social agradeceu a Santi Domínguez as súas verbas e así como a presenza dos representantes de Afaga e da Asociación de Persoas Xordas.
María Méndez, na súa intervención, deu conta pormenorizada dos tres convenios. Respecto ao acordo con Afaga, de 20.000 euros, explicou que permite desenvolver o programa "Obradoiros Paralelos" dirixido aos enfermos de alzheimer ou outra demencia neurodexenerativa así como aos seus familiares. Sinalou que o apoio aos familiares das persoas enfermas é fundamental xa que precisan "sentirse entendidas e compartir as penas e alegrías". O obxectivo deste obradoiro é proporcionarlles un tempo de respiro para que poidan facer outras cousas, ademais de atender aos seus familiares enfermos.
No tocante ao convenio coa Asociación de Persoas Xordas, indicou que tamén ascende a 20.000 euros e que está dirixido especialmente a contar cun profesional intérprete de lingua de signos. "Trátase dun servizo moi demandado tanto a nivel profesional como nos ámbitos xurídico ou sanitario", afirmou María Méndez. Precisou que contar con intérprete facilita que as persoas xordas poidan acudir a cursos, xuntanzas, ou conferencias.
A concelleira explicou que as persoas que necesiten o servizo, que é gratuíto, poden solicitalo mediante o sistema de "chamada previa", á Asociación de Persoas Xordas, no teléfono 986 281 370. Destacou que a súa demanda se incrementa ano a ano, tal e como mostran as memorias anuais da asociación.
Respecto ao acordo coa Fundación Menela, salientou que o convenio se incrementou este ano en 1.000 euros, de xeito que chega aos 14.000 euros. O seu obxectivo é desenvolver o programa "Respiro Familiar", dirixido ás persoas coidadoras das persoas con discapacidade. Mediante este programa facilítanse estadías curtas no edificio Cami da Fundación Menela (ubicado na rúa Laxe, 3)
A concelleira de Benestar Social precisou que as estadías poden ser como mínimo de un día ata un máximo de tres, preferentemente na fin de semana. Porén, matizou que os casos urxentes se atenderán calquera día da semana ata un máximo de seis días. As persoas participantes deben ter idades comprendidas entre os 3 e os 50 anos e estar empadroadas no Concello de Vigo. Destacou que ao longo de 2009 un total de 180 persoas fixeron uso deste servizo e que xa están pedidos case todos os días do mes de xuño e de xullo.
No caso dos tres acordos presentados hoxe a concelleira de Benestar Social destacou que foi o goberno actual o que puxo en marcha os convenios, xa que anteriormente "só existían como subvencións". Para María Méndez, "esto demostra que as administracións teñen que poñer en marcha os servizos de benestar social porque é así como se vai facendo unha cidade máis accesible, polo que Cocemfe concedeu o premio de accesibilidade". Neste sentido fixo referencia ao Consello de Accesibilidade celebrado onte e comentou a importancia de que os colectivos participantes fagan as súas suxestións ao respecto.
Preguntada por que supón a concesión do premio Cocemfe 2010 sendo concelleira de Benestar Social, manifestou que é "un orgullo a nivel persoal e como concelleira", pero que sobre todo supón "un estímulo para seguir traballando, porque aínda queda moito que facer". Puntualizou que é un estímulo tanto para seguir traballando no ano que queda de lexislatura como para establecer novos retos para a lexislatura seguinte.
Descargar todas as imaxes