O tenente de alcalde salienta que o Forum FISU e o Mundial de Taekwondo Universitario encherán os hoteis
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, anunciou hoxe que o X Forum FISU, que a cidade recibirá do 21 ao 26 deste mes, baterá todas as marcas de países participantes e persoas que acudan. "Vigo vai ser a capital mundial do deporte universitario", subliñou Santi Domínguez en rolda de prensa.
E é que segundo o rexistro de inscricións, neste congreso mundial da Federación Internacional de Deporte Universitario haberá 72 países representados, 188 delegados e un total de 266 participantes. Nas nove edicións anteriores, a maior participación foi en Abu Dhabi no 2006 (54 países, 177 delegados e 214 participantes). Agora Vigo 2010 marcará unha nova fronteira. Segundo explicou o tenente de alcalde, o foro permitirá encher os hoteis dende o 19 ao 27 de xuño "nun mes normalmente baixo porque é a antesala aos meses de verán", dixo, e avanzou que a ocupación hostaleira na cidade "vai estar practicamente cuberta" grazas tamén á disputa de dous campionatos de España que o Concello trae e ao Mundial Universitario de Taekwondo. "Todo isto terá un retorno económico de 1,2 millóns de euros", explicou, fronte aos 200.000 euros que custará a suma do Forum e o Mundial universitario.
Para o nacionalista, grazas á candidatura da Universiada "Vigo pode ter hoxe en día eventos mundiais". O Forum terá lugar no Centro Social Caixanova, o Centro Cultural Caixanova e o campus das Lagoas-Marcosende. Entre as personalidades asistentes estará toda a cúpula da FISU (comité executivo e CESU) encabezada polo presidente da Federación Internacional de Deporte Universitario, o estadounidense George E. Killian. Ademais, entre os 72 países participantes atópanse representados os cinco continentes e todas as culturas, do mesmo xeito que os bloques, é dicir, o mundo árabe, a Europa Occidental, a Oriental, países da lusofonía, da francofonía, latinos, da Commonwealth... A Axencia Mundial Antidopaxe tamén estará presente cunha conferencia maxistral. Por suposto, tamén haberá unha presenza moi elevada de universidades de todo o Estado, con 26.
"Somos a envexa do Estado ao ser capaces de organizar dous eventos desta magnitude en quince días grazas á coordinación existente entre os equipos técnicos de Concello, Universidade e VIDE", sostivo Xabier Alonso.
Pola súa banda, Maruxa Cabeza, vicerreitora de Extensión Cultural e Estudantes, asegurou que para a Uvigo "esta é unha oportunidade de formar aos alumnos como persoas a través do deporte, da cultura e da solidariedade". Cabeza felicitouse por "estes catro anos de colaboración entre Universidade e Concello", e agradeceu o traballo para que a organización sexa un éxito da xerente de VIDE, Laura Magdalena, do coordinador de Tenencia, José Ángel Otero, e do Consejo Superior de Deportes.
En canto ao Campionato do Mundo Universitario de Taekwondo, están confirmados 153 competidores para un total de 233 participantes, estimándose que acudirán 400 representando a 43 países. Esta competición desenvolverase do 29 de xuño ao 4 de xullo no pavillón das Travesas.
Descargar todas as imaxes