Escoitar

CAT CENTRO DE ARTESANÍA TRADICIONAL DE VIGO<br /> OBRADOIROS DE VERÁN 2010

O CAT, Centro de Artesanía Tradicional do Concello de Vigo, convoca os obradoiros estivais para rapaces/as entre os 7 e os 16 anos que queran ocupar o seu lecer en actividades onde as súas mans e o seu enxeño serán as principais ferramentas de traballo.

venres, 18 xuñ 2010
Como cada ano, o CAT realiza obradoiros de cestería e, por primeira vez, programa dúas actividades na que se deseñarán xoguetes e moda xuvenil.

Nos obradoiros de cestería aprenderán a fabricar obxectos coas mesmas técnicas de hai un século e cos novos obradoiros, comprobarán como a pesar dos avances tecnolóxicos, a actividade manual segue sendo fundamental na nosa vida.


OBRADOIROS

MANS PARA QUE VOS QUERO...

Este obradoiro quere introducir aos máis novos/as no mundo da cestería tradicional cun dobre obxectivo: aprender de xeito didáctico as técnicas básicas do oficio de cesteiro, e concienciar de cara á protección deste patrimonio, que tivo especial relevancia na nosa cidade ata hai uns anos.

Durante un mes os participantes coñecerán como se facían obxectos básicos para vida cotiá de hai un século co simple tecido manual do vimbio, e terán a oportunidade de traballar con Antonio Suárez Davila, o mestre cesteiro do CAT.

A quen vai dirixido
A rapaces/as de 7 a 16 anos que queiran aprender como se facían obxectos da vida cotiá en vimbio hai 100 anos.

Datas e horario:
Quenda 1: martes e xoves, do 1 ao 29 de xullo, de 10:00h a 13:30h
Quenda 2: martes e xoves, do 3 ao 31 de agosto, de 10:00h a 13:30h

Nº de prazas:
Quenda 1: 7
Quenda 2: 7

XOGUETES DE HAI 100 ANOS

Cando non existían os ordenadores os nenos e nenas saían á rúa a xogar. Con apenas uns poucos materiais realizaban enxeños cos que xogaban durante horas.

Este obradoiro quere recuperar un xeito de divertirse que precisa das nosas ganas de pasalo ben e dun pouco de habilidade para seguir as instruccións de Chus Barreiro e Belén Alonso á hora de traballar con materiais como a madeira, tecidos, pinturas e material reciclado.

A quen vai dirixido
A nen@s e moz@s de 8 a 12 anos que queran aprender a elaborar o seu propio xoguete.
Datas e horario:
Martes e xoves, do 6 de xullo ao 12 de agosto, de 10:00h a 13:30h

Nº de prazas: 7


PERSONALIZA A TÚA ROUPA

Por primeira o CAT organiza un obradoiro que combina tradición e contemporaneidade. Tradición porque a base fundamental do mesmo vai a ser o traballo manual, e contemporaneidade porque os participantes van a crear con materais actuais prendas de vestir.
Con técnicas textis e cor, os participantes desenvolverán novas indumentarias a partir de prendas do seu fondo de armario.

A quen vai dirixido
A nen@s e moz@s de 10 a 14 anos que queran aprender a elaborar prendas de uso persoal.
Datas e horario:
Luns, mércores e venres, do 16 de agosto ao 10 de setembro, de 10:00h a 13:30h
Nº de prazas: 7

INFORMACIÓN XERAL

Onde se impartirán os obradoiros
No CAT Centro de Artesanía Tradicional. Rúa Subida ao Castelo, 10 VIGO

Como apuntarse
Enviando o boletín de inscrición ao CAT por correo ou fax ao número 986220758, ou a través do formulario de inscrición en www.cat.vigo.org

Os obradoiros son gratuítos.

Prazo de inscrición
Estará aberto ata cubrir prazas. A selección do alumnado estará marcado pola orde de entrada de solicitudes, establecéndose unha lista de espera.

Lista de admitidos
Unha vez cubertas as prazas dos diferentes obradoiros, a lista de alumnos/as seleccionados/as será exposta no CAT e na WEB ww.cat.vigo.org