O alcalde anuncia que a vindeira semana habilitaranse 480 novas prazas de aparcamento en Samil
Abel Caballero explicou que, desde a próxima semana, os cidadáns poderán aparcar en catro novos espazos, cun total de 400 prazas, ubicados en Alcabre, dous na Avenida de Europa e outro próximo á pista de automodelismo. Ademais, o Concello gañou outras 80 prazas prohibindo aos autobuses estacionar en Samil, polo que deixarán aos usuarios e aparcarán de balde nas instalacións de VITRASA.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe venres que a semana entrante a cidadanía contará con 480 novas prazas de aparcamento dispoñibles en Samil.
Nunha visita ao areal vigués, Caballero explicou que o Concello tomou a decisión de retirar o espazo reservado para o estacionamento de autobuses e habilitar aparcamento para particulares, opción coa que gáñanse sobre 80 novas prazas. Os autocares pasarán a recoller e deixar aos pasaxeiros para aparcar gratuitamente nas instalacións de VITRASA.
As outras 400 novas prazas estarán dispoñibles en catro novos espazos ubicados en Alcabre, dúas nas proximidades a Samil na Avenida de Europa e a última sobre a pista de automodelismo.
"Sabemos que (o aparcamento) é o principal problema" en Samil, aseverou Abel Caballero, polo que o Concello volcouse en gañar novos lugares para os bañistas. De feito, o alcalde non desbota a posibilidade de trasladar a Samil o aparcadoiro provisional ubicado recentemente no aeroporto de Vigo, aínda que presenta "problemas técnicos" derivados do desmontaxe.
Renovación de Samil
Xunto aos novos estacionamentos, o alcalde detallou as distintas melloras realizadas recentemente para a "posta a punto" de Samil, a maior praia urbana da cidade, por valor de 400.000 euros. Segundo citou, o Concello reformou as zonas axardinadas, mellorou o mobiliario urbano, ampliou o arborado con palmeiras e mellorou dos parques infantís con novos xogos.
Abel Caballero tamén concedeu "especial atención aos aseos", que desde este verán contarán por primeira vez en Samil cun servizo permanente de limpeza, operativo desde as 10 horas ata as 21 horas da tarde.
Descargar todas as imaxes