Xabier Alonso anima a participar na carreira de San Xoán, para superar os 300 participantes do ano pasado
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, fixo este venres un chamamento á participación na XXVII Carreira Nocturna de San Xoán, que sairá o día 23 de xuño ás 21.15 horas dende a praza do Rei. O nacionalista destacou que esta carreira está incluída no Circuíto de Carreiras Populares, e nela os deportistas ademais de disputar a carreira poderán tamén participar na sardiñada prevista ao remate na Praza do Berbés.
"Esta proba cumpre a filosofía deportiva que queremos impulsar dende a Concellería de Deportes, centrada en potenciar o deporte para todos e para todas", destacou Xabier Alonso. Asegurou que a carreira, que se disputa nun circuito urbano que percorre as rúas de Camelias, Romil, López Mora, Coruña, Tomás Alonso e Beiramar, permite que "practicamente calquera persoa poda participar".
A proba consta de catro categorías, A de 14 a 18 anos, B de 19 a 35 anos, C de 36 a 45 anos e D de 46 anos en adiante. Todos os atletas participarán con dorsais e chip, que se entregarán o 23 de xuño na lonxa do Concello de Vigo a partir das 19 horas. Concederanse trofeos aos tres primeiros clasificados e clasificadas nas catro categorías e haberá un sorteo de agasallos entre todas as persoas participantes.
O responsable da delegación en Vigo da Federación Galega de Atletismo, Eleuterio Álvarez, explicou que para participar é preciso facer a inscrición antes do 21 de xuño na web www.championchipnorte.com ou persoalmente en Deportes Athletics (avenida Balaídos, 41).
En resposta aos medios sobre as expectativas de participación, sinalou que de momento hai formalizadas 190 inscricións, pero se espera superar os 300 participantes que competiron o ano pasado.
Descargar todas as imaxes