Escoitar

"Súbete ao Castro" celebra mañá sábado a festa fin de curso con actuacións e os concertos de Life in Green e Frab Fly

O programa de lecer xuvenil alternativo "Súbete ao Castro" celebrará mañá sábado a súa festa fin de curso no seu emprazamento habitual ao carón da pista de bicicletas de O Castro, segundo anunciou a concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso. A partir das 18 horas sucederanse as actuacións do alumnado e profesorado, que rematarán ás 23 horas co Castroconcerto do grupo de punk rock Life in Green e de pop rock Frab Fly.

venres, 18 xuñ 2010
A festa comezará coa presentación das actuación a cargo do profesor de teatro e equipo do Castro. Posteriormente, ás 18:45 horas aproximadamente, terá lugar a actuación dos alumnos e alumans de Djembé- percusión africana, que dará paso aos participante son curso de iniciación á danza oriental, a coreografía canción turca, e a actuación dos alumnos e alumnas de break dance.

Ás 19.20 está previsto o comezo da interpretación de temas conxuntos do alumnado das clases de combo, que integra os temas Combo californication, Combo sweet dreams, Combo creep, Combo smell like yeen spirits e Combo about a girl. Posteriormente terá lugar unha actuación que inclúe catro temas de Nena Rap, Aliv, Efrán Rap, reagee e soul. Ás 20.35 terá lugar o concerto da profesora de técnica vogal, que dará paso ás exhibicións do grupo de capoeira Muzenzo e de gym jazz.

Taste of the Poison Orín e Dark Down teñen previsto a actuación ás 21.10 horas e ás 21.35 horas está previsto un descanso ata o Castroconcerto de Life in Green e de Frab Fly, ás 23 horas. Nese tempo farase a foto do grupo dos participantes no programa, a merenda e a acomunicación de avisos sobre a programación de verán e a inscrición nos novos cursos.