Escoitar
B A N D O

REQUISITOS PARA A CONCESIÓN DE AUTORIZACIÓN PARA O DISPARO OU QUEIMA DE MATERIAL PIROTÉCNICO (MENOS DE 50 KG.)DENTRO DO TERMO MUNICIPAL DE VIGO

Por medio do presente Bando, ponse en coñecemento dos interesados en<br /> realizar disparos ou queimas de material pirotécnico en contía menor de<br /> 50 kg. no termo municipal de Vigo, en especial as comisións de festas e<br /> empresas pirotécnicas, os requisitos necesarios para obter a preceptiva<br /> autorización municipal.

venres, 18 xuñ 2010
P R I M E I R A:

D I S P O S I C I Ó N S X E R A I S



1.- OBXECTO


a) Aos efectos do establecido no presente Bando, non se considera
preceptiva a autorización municipal para o disparo ou queima de material
pirotécnico das clases I e II, establecidas pola Instrución Técnica
Complementaria nº 19 do Regulamento de Explosivos, na súa redacción dada
pola Orde PRE/174/2007, de 21 de xaneiro.


b) Non obstante o establecido no apartado anterior, cando a contía de
material pirotécnico a disparar ou queimar supere os 50 kg., so poderá
realizarse coa autorización da Subdelegación do Goberno da Provincia de
Pontevedra, independentemente da clasificación dos artificios.


2.- PROHIBICIÓNS XERAIS


1. Prohíbese o disparo ou queima de material pirotécnico a menos de 300
metros de calquera depósito ou almacén que conteña ou almacene
substancias ou materiais susceptíbeis de arder ou defragrar, mesmo se
non é preceptiva a autorización municipal.


2. Con carácter xeral, prohíbese o disparo de fogos de artificio ou
queima de materiais pirotécnicos de ningunha clase en terreos forestais
e nas zonas de influencia forestal, entendidas estas coma as áreas
estremeiras que abranguen unha franxa circundante dos terreos forestais
cunha largura de 400 metros.


3. Sen prexuízo do disposto no apartado anterior, e como única
excepción, en festas locais ou de arraigada tradición cultural poderase
obter autorización para realizar o disparo ou queima de material
pirotécnico en zonas de influencia forestal, sempre salvagardando o
límite do 2.1, agás cando no Índice de Risco Diario de Incendio Forestal
publicado pola Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, o
Distrito XVIII (ó que pertence Vigo) apareza co nivel 5.


4.- A zona de lanzamento deberá de estar valada o cercada nun perímetro
non inferior a 50 metros, non puidendo estar no recinto persoal non
autorizado, agás o que vai realizar o lanzamento.

Así mesmo, deberá estar libre de cableado eléctrico ou calquera outro
obstáculo que poida alterar a traxectoria do lanzamento.


5.- Disporán de dous extintores de pó polivalente ABC de 12 quilos no
punto dende onde se efectúen os lanzamentos, así como mínimo, de dúas
pás e dúas azadas.



S E G U N D A:

D A S S O L I C I T U D E S



1.- REQUISITOS FORMAIS DAS SOLICITUDES


1. As solicitudes, debidamente cumprimentadas e achegando a
documentación precisa, deberán presentarse como mínimo con 15 días
naturais de antelación ao evento, necesarios para realizar os trámites e
comunicacións legalmente esixidos; a presentación de solicitudes fóra do
prazo sinalado suporá a imposibilidade de outorgamento da autorización.



2. Á solicitude deberá acompañarse sempre o número de teléfono e fax do
responsable, promotor ou organizador da tirada, por se fose necesario
realizar comunicacións urxentes.


2.- DATOS IMPRESCINDIBEIS DAS SOLICITUDES DE AUTORIZACIÓN



Todas as solicitudes deberán achegar a seguinte documentación:


-. Quilogramos de explosivos ou mistura explosiva de cada conxunto
de artificios que constitúan un efecto recreativo homoxéneo e
das unidades que forman cada conxunto.




-. Altura aproximada que acada o material pirotécnico de proxección
vertical no punto máximo de elevación.




-. Data, número de clasificación, catalogación e fabricante de cada
un dos artificios a disparar.




-. Secuencia de comezo de disparo entre seccións e orde a seguir
nos disparos de cada sección, especificando a hora exacta de
comezo e finalización de cada tirada.




-. Tipo, forma e características da protección disposta para evitar
toda clase de

lesións ou danos ás persoas e aos bens, especialmente a
protección das masas forestais, con expresa mención das
condicións da área de seguridade, ao abeiro do disposto na Orde
do Ministerio de Relacións coas Cortes e da Secretaría do
Goberno, de 20 de outubro de 1988, pola que se regula a
manipulación e uso de produtos pirotécnicos na realización de
espectáculos públicos de fogos artificiais (B.O.E. nº 260, de
29/10/1988), na súa redacción dada pola Orde Ministerial de 2 de
marzo de 1989 (B.O.E. nº 53, de 3/3/1989).

-. Lugar onde se van a realizar os disparos, coas características
do seu entorno perimetral nun mínimo de 300 metros, a contar
dende o lugar do disparo. Cumprimentarase este requisito coa
presentación de plano actual de escala 1:1000 ou 1:2000 da
Cartografía Oficial do Concello, no que se sinalará o lugar de
disparo. Este plano pódese conseguir na Xerencia Municipal de
Urbanismo, con oficina en Praza do Rei.



-. Nome e apelidos ou razón social e domicilio das persoas ou
entidades de pirotecnia que van realizar o disparo, aportando os
TC1 e TC2 a fin de demostrar a afiliación á Seguridade Social e
o abono da prima de seguro que a autoridade laboral dispoña por
razón do risco específico.



-. Copia da póliza de seguro de responsabilidade civil que cubra os
posibles danos causados en contía mínima de 300.000 euros, e da
factura ou resgardo bancario de pagamento da prima do ano en
curso.



-. No caso de festas de locais de arraigada costume ou interés
cultural que queiran beneficiarse do establecido no artigo 2.3
do presente Bando, deberán acreditar tal condición.


3.- CONSECUENCIAS DOS DEFECTOS NAS SOLICITUDES


1. A inexistencia ou deficiencia dos requisitos materiais, suporá o
requirimento por parte da Área para a súa cumprimentación no prazo de
dez días. Transcorrido o prazo concedido para iso , entenderase o
desistimento da solicitude e procederase ao arquivo do expediente.


2. As solicitudes de autorización presentadas de xeito extemporáneo, ou
que non cumpran cos requirimentos de cumprimentación, e as solicitudes
de disparo ou queima en lugares prohibidos, non recibirán en ningún caso
autorización, e darase parte á Policía Local para verificar que non se
proceda á queima non autorizada de material pirotécnico.


T E R C E I R A:


P R O C E D E M E N T O D E A U T O R I Z A C I Ó N



1.- TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES


1. Conformada a solicitude cos requisitos formais e materiais esixidos,
e previa revisión da adecuación do seu contido ás normas estatais e
autonómicas de aplicación, o Área recabará informe por escrito do
Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento, que xirará visita de
inspección ao lugar sinalado como de disparo ou queima do material
pirotécnico a estes efectos.


2. O Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento realizará todas as
comprobacións que se consideren oportunas no desenvolvemento das
funcións de inspección; a falta de cooperación do solicitante ou a
interposición polo mesmo de trabas ou impedimentos para o normal
desenvolvemento das labores de inspección, suporá a denegación da
solicitude sen máis trámite e o arquivo das actuacións, sen prexuízo das
responsabilidades nas que o interesado puidese ter incorrido.


3. O informe do Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento terá
carácter preceptivo e vinculante; no caso de que sexa negativo, poderá
proporse de oficio ou a instancia do interesado un novo lugar de
disparo.



2.- DAS AUTORIZACIÓNS


1. Cumprimentados todos os requisitos formais e materiais, e sendo o
informe de inspección positivo, de non existir impedimento doutra índole
procederase a outorgar a autorización.


2. Se o tirada se realiza nas zonas de influencia forestal, remitirase
por fax copia da autorización á Consellaría de Medio Rural da Xunta de
Galicia e ao Servizo Provincial de Prevención e defensa contra incendios
forestais de Pontevedra.


3. En todo caso, remitirase por fax cadansúa copia á Oficina de
Coordinación Aeroportuaria, a Protección Civil, ao Servizo de Extinción
de Incendios e Salvamento, e á Policía Local.


C U A R T A



D A R E V O G A C I Ó N D A S A U T O R I Z A C I Ó N S




1.- FACULTADES DE REVOGACIÓN


1. Sen prexuízo de que se conceda a autorización, esta poderá ser
revogada en calquera momento polo Concello de Vigo, por iniciativa
propia, cando de acordo co Índice de Risco Diario de Incendio Forestal
publicado pola Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, o
Distrito XVIII (ó que pertence Vigo) teña Índice 3 ou 4, tendo en conta
as condicións climáticas e a proximidade das masas forestais.


En todo caso, cando o Índice diario marque para o Distrito XVIII o nivel
5, as autorizacións concedidas consideraranse revogadas automaticamente.
A estes efectos, realizaranse as revisións diarias do nivel de risco na
páxina web da Consellaría de Medio Rural da Xunta de Galicia, coa
dirección



http://mediorural.xunta.es/forestal/irdi/index.php



2. Procederase tamén á revogación cando así o solicite ó Concello o
Servizo Provincial de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais ou
a Consellaría de Medio Rural da Xunta de Galicia, ou calquera outra
autoridade civil ou militar por motivos de orde público.


3. Revogada a autorización, daráselle traslado ó solicitante da
revogación, coa orde de que suspenda a tirada, e darase parte á Policía
Local para que se persoe no lugar a fin de comprobar e sancionar
posibles desobediencias.


4. A revogación da autorización non dará dereito a indemnización, ao
estar adoptada por forza maior, ao abeiro do establecido no art. 139 da
Lei 30/1992. O promotor ou organizador da festa ten a obriga xurídica de
soportar a frustración das expectativas lúdicas e as perdas patrimoniais
que eventualmente se lle irroguen pola revogación da autorización.



2.- EXENCIÓN DE RESPONSABILIDADE


1. A autorización outorgada non eximirá ó promotor ou organizador da
queima ou disparo de material pirotécnico das responsabilidades en que
incorrese polas lesións, danos e perdas a que houber lugar no caso de
que concorra culpa ou neglixencia.


2. O Concello de Vigo resérvase o dereito a repetir contra o promotor ou
organizador os custos que eventualmente se lle xeneren por causa ou como
consecuencia da queima ou disparo de material pirotécnico.

Q U I N T A:


D A V I X E N C I A DO B A N D O




1.- ENTRADA EN VIGOR


A presente norma entrará en vigor ao día seguinte á súa publicación nos
medios habituais do eido local.



2.- REVISIÓN DO CONTIDO DO BANDO


O presente Bando deberá ser revisado anualmente, aos efectos de cumprir
coa normativa que ulteriormente se adopte en desenrolo da Lei 3/2007, de
9 de abril, de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de
Galicia.


A todos os efectos, a aprobación de normativa de desenvolvemento da Lei
3/2007 que sexa incompatíbel co presente Bando será de aplicación
preferente sobre o mesmo.


Vigo, 11 de xuño de 2010


O ALCALDE


Abel Caballero Álvarez