Escoitar

Chus Lago presenta a proxección do filme en 3D "Oceanworld" aberto aos centros educativos da cidade

A concelleira socialista acompañou hoxe martes a máis de 300 escolares no pase dunha cinta que ten o seu punto forte nun efecto hiperrealista de inmersión que permite a pequenos e maiores comprobar a diversidade do ecosistema mariño pero tamén a súa fraxilidade a través da viaxe dunha tartaruga mariña. A actividade enmárcase na celebración do Ano da Biodiversidade.

martes, 25 mai 2010
1274788578cine.jpg
A concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, presentou na mañá deste martes a proxección da película en 3D OCEANWORLD nos cines Yelmo de Travesía perante un auditorio de 330 rapaces e profesores de distintas edades e pertenecentes a catro centros educativos da cidade como son o Javier Sensat, Bembrive Mosteiro, Teis Frián e Breogán.

A iniciativa da concellería que dirixe a socialista Chus Lago enmárcase na celebración do Ano da Biodiversidade e sirve tamén de prólogo ao Día Mundial do Medio Ambiente que se celebra o vindeiro 5 de xuño e o Día Mundial dos Océanos, que terá lugar o 8 de xuño. O programa preséntase como unha unidade didáctica cunha presentación inicial da película que vai seguida dunha posta en común de dúbidas e comentarios a través dun coloquio entre os asistentes.

As proxeccións, que se levarán a cabo entre hoxe 25 de maio e o 31 de maio está aberta a escolares de todas as idades e teñen lugar as 10 da mañana nos días lectivos coa presenza de seis colexios por sesión e un máximo de 55 persoas asistentes por colexio. O sábado 29 e o domingo 30 de maio haberá unha proxección familiar para todos os que desexen asistir a un espectáculo inolvidable da vida no mar. A actividade da concellería de Medioambiente é gratuíta e aínda conta con prazas libres para algúns dos días desta semana.

Na presentación que tivo lugar esta mañá os rapaces dos colexios de Vigo viviron en primeira persoa unha experiencia única da vida nos océanos narrada a través da viaxe dunha tartaruga mariña que se despraza a lugares tan diversos como os bosques de algas mariñas de California, a gran barreira de coral de Australia ou á roca partida de México.

A cinta, rodada íntegramente en tecnoloxía dixital 3D a través do traballo documental do equipo do profesor J. Costeau e destacados oceanográficos, impresionou aos pequenos que quedaron sorprendidos pola beleza e singularidade dos mares. De feito, o impacto da tecnoloxía dixital levou a pequenos e maiores a disfrutar dun filme que lles serviu para sumerxirse literalmente nas profundidades do mar e a disfrutar ao máximo dos encontros da tartaruga con delfíns, baleas, tiburóns, focas, medusas... Os rapaces seguiron moi de cerca esta visión cercana do ecosistema mariño a través dun efecto tan realista de inmersión que vale a pena contemplar. Na cinta cóntase o modo de vida daquelas especies en perigo de extinción ou cun alto nivel de vulnerabilidade que poñen de manifesto a diversidade do ecosistema mariño pero tamén a súa fraxilidade .
Descargar todas as imaxes