Escoitar

Caballero sinala que o Concello xa asfaltou 350 rúas e anuncia o aluguer de maquinaria para a mellora de viais

O alcalde explicou hoxe luns que o goberno local xa acometeu obras de asfaltado por valor de 2,9 millóns de euros en 350 rúas en prácticamente toda a cidade -sen contar as humanizacións-, ao tempo que anunciou a contratación dun servizo de aluguer de maquinaria ao efecto, para o que o Concello destina 850.000 euros. Vías e Obras poderá solicitar 41 unidades, que responderán no prazo máximo de 24 horas, para "prestar todavía máis atención a asfaltados e reparacións", asegurou Caballero.

luns, 24 mai 2010
1274704717P5050013br.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe a contratación dun servizo de aluguer de maquinaria para "prestar todavía máis atención a asfaltados e reparacións", pois o Concello xa ten asfaltado 350 rúas ata a actualidade, sen contar as humanizacións.

A Xunta de Goberno Local validou hoxe luns o expediente para o aluguer de 41 unidades de maquinaria -á sumar á decena xa en poder municipal- por valor de 850.000 euros. En total haberá medio centenar de máquinas que atenderán á demanda do Concello nun prazo máximo de 24 horas, tal e como estipula as condicións do contrato. O prego tamén inclúe que "nalgúns casos a atención pode ser inmediata", apuntou Caballero.

A raiz deste anuncio, o alcalde fixo balance das actuacións realizadas, "asfaltamos 350 rúas" nas parroquias de Vigo por valor de 2,9 millóns de euros. Trátase dun "proceso continuo de mellora de viais" que continúa neste momento co asfaltado de sete rúas do entorno de Manuel Álvarez, con 300.000 euros de investimento. "A este esforzo sumamos este novo contrato de maquinaria", indicou o socialista.
Descargar todas as imaxes