Santi Domínguez anuncia que Vigo estará nas tres principais feiras de congresos e entra no Spain Convention Bureau
O tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Santi Domínguez, anunciou este venres que neste mes de maio o Vigo Convention Bureau inicia o seu plan de promoción da cidade como destino de negocios. Na presentación do programa, na que tamén participou o xerente da entidade, Javier Arnau, o nacionalista destacou que Vigo estará presente nas principais feiras europeas nas que se pechan os congresos máis relevantes de ámbito internacional, sendo a primeira delas a INEX de Franfurt, e que o 18 de xuño formalizará a súa incorporación ao Spain Convention Bureau.
Santi Domínguez subliñou que a posta en marcha deste plan marcará "un antes e un despois" na organización de congresos internacionais na cidade, tendo en conta que nos últimos anos nos se teñen celebrado en Vigo congresos desta envergadura. Como mostra do traballo que está a desenvolver a Convention Bureau dende a súa creación, o tenente de alcalde lembrou que xa está pechada a celebración na cidade do Congreso Internacional de Medicina Xeral e de Familia, que reunirá a máis de 3.000 persoas do 18 ao 21 de maio de 2011 e deixará un retorno económico superior aos 2,5 millóns de euros.
"Seguimos traballando porque non podemos quedarnos aquí", asegurou o tenente de alcalde. Afondando nesta liña avazou que se están mantendo contactos para poñer en práctica o Plan Estratéxico da Convention Bureau, que ten o obxectivo de desestacionalizar o turismo na cidade. Nesta liña enmárcase o plan promocional de Vigo, que terá a súa primeira parada do 25 ao 28 de maio na IMEX de Frankfurt, "unha das tres feiras máis importantes do mundo para meetings e viaxes de incentivo", destacou. Indicou que está dirixida a organizadores de eventos, empresas, viaxes de negocios e profesionaies da mercadotecnia e que o ano pasado contou coa presenza de máis de 3.500 expositores que representaron a máis de 50 países.
A seguinte cita na que participará o Convention Bureau será a MITM European, que este ano se celebrará en Lloret de Mar do 9 ao 11 de xuño. Ao respecto, o tenente de alcalde explicou que se celebrarán encontros individuais cos expositores, procedentes tanto de Europa como de América do Norte. Posteriormente Vigo participará na BTC Internacional, feira internacional de organización de congresos de Rímini, os días 1 e 2 de xullo, "unha das máis importantes do sector". Posteriormente, estará presente
Santi Domínguez indicou que Vigo tamén estará presente en Granada, cidade que acolle a edición deste ano do Congreso Internacional de Mediciña Xeral e de Familia. Destacou que nesta convocatoria o Convention Bureau fará a presentación oficial de Vigo como sede do certame no 2011 aos posibles asistentes.
Os días 16 e 17 de xuño a Convention Bureau participará no Foro MICE 2010, dirixido a profesionais asociados ao Spain Convention Bureau. Precisamente o Vigo Convention Bureau fará a súa incorporación definitiva ao Spain Convention como número 50 da entidade o 18 de xuño, na súa asemblea anual, que nesta ocasión se celebrará en Zaragoza.
O tenente de alcade destacou que o Estado español acolleu no 2009 máis de 7.000 convencións e 3.000 congresos, nos que participaron máis de dous millóns de persoas. Segundo dixo, a incorporación de Vigo ao Spain Convention Bureau vai permitir que a nosa cidade poda tamén beneficiarse dese movemento que xeran os congresos. "Cremos que con este plan de promoción da cidade imos poder presentar proximamente máis eventos que configurarán o calendario de feiras e congresos para 2011", manifestou Santi Domínguez.
Descargar todas as imaxes