O alcalde visita a reforma da Travesía de Vigo e anuncia a humanización de Julián Estévez e novas melloras en Teis
Abel Caballero visitou este venres os traballos de humanización da cuarta fase da humanización da Travesía de Vigo, cunha lonxitude de 1,5 quilómetros e máis de 2 millóns de investimento. "Imos humanizar toda a Travesía de Vigo", aseverou o alcalde. Caballero anunciou ademais a mellora de Julián Estévez, o acondicionamento doutras tres rúas de Teis e a reforma das cinco praias do barrio.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este venres os traballos de humanización da Travesía de Vigo, onde anunciou a humanización de Julián Estévez, o acondicionamento doutras tres rúas de Teis e a reforma das praias do barrio.
Caballero recordou que o Concello está a facer unha "actuación integral en Teis, que era o noso compromiso", e asegurou que "imos humanizar toda a Travesía de Vigo", unha rúa que estaba "moi deteriorada" e que pasará a ter "a máis alta calidade".
O tramo da Travesía que actualmente está a ser reformado, xunto ao centro comercial, ten 1,5 quilómetros de lonxitude e conleva máis de dous millóns de euros de investimento. A humanización é de "óptima calidade", con granito nas beirarrúas, aparcamento, dobre sentido de circulación, nova iluminación, renovación das redes de servizos soterradas, arborado e bancos.
O alcalde amosou a súa "gran satisfacción" pola reforma da rúa que levaba "case medio siglo agardando" pola humanización. Caballero concluíu que en seis meses estarán rematadas as obras e "a Travesía de Vigo incorporarase ao centro da cidade".
Outras melloras
Segundo informou o alcalde no transcurso da visita, a Xunta de Goberno Local ven de validar novas melloras no barrio vigués, que engándense á humanización xa realizada de Sanjurjo Badía, á apertura da ETEA para os cidadáns e á acometida do paseo marítimo.
Caballero explicou que acondicionarase a ponte sobre a autopista da rúa Coutadas e os pasos inferiores de Ferreira e Pinguela. Ademais, o alcalde anunciou a humanización de Julián Estévez, cun investimento superior aos 250.000 euros para unha rúa "densamente poboada".
O socialista tamén avanzou que o Concello dotará de novos servizos ás praias da Lagoa, Mende, Rios e Manquiña e está en conversas con Costas para realizar un acopio de area na Punta, coa finalidade de recuperar e mellorar as cinco praias de Teis.
O alcalde adiantou asemade que en aproximadamente un mes será inaugurado o paseo de A Guía, monte que o Concello repoboará con especies arbóreas autóctonas, o que permitirá ademais mellorar a visibilidade.
Descargar todas as imaxes