O alcalde asiste á inauguración do peirao de Rodas
A Ministra Elena Espinosa inaugura este venres o peirao de Punta Muxieiro, máis coñecido coma Rodas, unha actuación que forma parte das inversións do Plan E do Goberno e na que se tiveron en conta as características medioambientais e paisaxísticas da zona. A inversión superou os 970.000 euros e a actuación deu emprego a 16 persoas.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asiste á inauguración do peirao de Punta Muxieiro, máis coñecido como peirao de Rodas, no que o Ministerio de Medio Ambiente investiu máis de 970.000 euros. A ministra Elena Espinosa inaugura así unha obra que forma parte das inversións do Plan E (Plan español para o estímulo da Economía e o Emprego) do Goberno central e na que se tiveron en conta as características medioambientais e paisaxísticas da zona.
O peirao atopábase en moi mal estado, con risco non só para as embarcacións senón tamén para os preto de 3.000 pasaxeiros que a diario desembarcan nos meses de verano nas Illas Cíes. A actuación, na que traballaron 16 persoas, consistiu na ampliación do ancho do peirao e o recrecido do mesmo, sen apenas modificacións na súa lonxitude. O ancho medio de Punta Muxieiro é de 3 metros e coa remodelación pasa a ter 8 metros mentres que a lonxitude pasa dos 80 aos 83 metros. Ademáis xunto ao peirao instalarase un pantalán de 24 metros de lonxitude por 4 metros de anchura que permitirá facilitar e mellorar o aceso dos visitantes.
Descargar todas as imaxes