mércores, 19 mai 2010
O alcalde cifrou nuns 9 millóns de euros os destinados polo goberno que preside a traballos de humanización en Coia, aos que suma os 7,7 do aparcamento soterrado en construcción. "Esta era a nosa débeda con Coia que comeza a quedar saldada", apuntou Caballero nunha visita á humanización de Vilagarcía, que estará concluída nuns 15 días, e leva un investimento municipal de 864.000 euros.
mércores, 19 mai 2010
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, anunciou este mércores que o programa Verán de Lecer ofrece 70 prazas para participar nos campamentos que se celebrarán en xullo e agosto. Na presentación do programa, que se celebra en colaboración con Pasovigo, a concelleira nacionalista sinalou que o prazo para presentar as solicitudes remata o 31 de maio.
mércores, 19 mai 2010
A Casa das Artes acolle dende mañá xoves e ata o 20 de xuño a mostra "De Valdeorras a Vigo. A miña colección persoal", do artista Pedro Dobao. A mostra, organizada pola Concellería de Cultura, pode visitarse de luns a venres de 18 a 21.30 horas, os sábados de 11 a 14 horas e de 18 a 21.30 horas, e os domingos e festivos de 11 a 14 horas.