O tenente de alcalde destaca o esforzo orzamentario das subvencións a entidades, que chegan aos 2,5 millóns
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, destacou este martes o "esforzo orzamentario" que supón a nova convocatoria das subvencións a entidades das áreas que coordina a Tenencia de Alcaldía. Na presentación das axudas, na que tamén participou a concelleira de Benestar Social, María Méndez, o nacionalista destacou que experimentan unha "subida global" de medio millón de euros, chegando neste ano aos 2,5 millóns.
"Reforzamos por terceiro ano consecutivo as axudas aos colectivos e entidades que complementan a nosa tarefa de goberno", salientou Santi Domínguez. Na presentación da nova convocatoria explicou que para incrementar a contía foi preciso "facer axustes", pero destacou que dende Tenencia de Alcaldía e as áreas do BNG como Cultura, Benestar Social, Deportes, Patrimonio Histórico, Xuventude, Igualdade e Normalización Lingüística, decidiuse que eses axustes non repercutiran nos colectivos que traballan na cidade.
O tenente de alcalde subliñou que "para nós, as persoas son o primeiro" e por iso asegurou que no momento de crise económica actual, que afecta ás persoas menos favorecidas, "pensamos que as prioridades do goberno teñen que ir encamiñadas a paliar as consecuencias da crise".
Por áreas, Santi Domínguez destacou que Comercio distribuirá un total de 1.200.000 euros, dos que 600.000 serán destinados ás axudas para as familias con máis necesidades, co obxectivo de fomentar o consumo no pequeno e mediano comercio vigués. Os outros 600.000 euros dedicaranse ao fomento de emprego e formación nos pequenos e medianos establecementos da cidade.
Respecto a Benestar Social, salientou que destinará 100.000 euros para reforzar os programas que xa existen, como as becas para comedor e libros, o bono-taxi ou o xantar na casa. No tocante a Cultura, indicou que tamén dedicará 100.000 euros para potenciar as actividades socioculturais. No tocante a Deportes, o tenente de alcalde especificou que 578.000 euros irán para o financiamento dos clubs, mentres que 200.000 euros teñen o obxectivo de financiar os gastos ocasionados pola organización de eventos deportivos ao longo do ano.
Patrimonio Histórico, pola súa banda, dedicará 245.000 euros para seguir apostando pola recuperación dos barrios. Deste xeito, destinará 135.000 euros ao proxecto de rehabilitación de fachadas e cubertas en Bouzas e 110.000 euros á recuperación da fachada marítima do Berbés.
Dende Igualdade destinaranse 90.000 euros para realizar programas e actividades de promoción da muller e para seguir poñendo en marcha o Plan de Igualdade. Respecto a Normalización Lingüística, Santi Domínguez destacou que duplicará as axudas, ao contar este ano con 12.000 euros. No tocante a Xuventude, sinalou que dispón de 24.000 euros para fomentar as actividades xuvenís.
Santi Domínguez sinalou que, do mesmo xeito que se fixo nas convocatorias anteriores, as axudas se publican ao mesto tempo "para facilitar aos colectivos que se poidan achegar con facilidade a elas e que ninguén quede fóra". Ademais, explicou as persoas interesadas disporán de un servizo de atención e asesoramento para cubrir e presentar a documentación. Este servizo terá un horario de atención ao público de 10 a 14 horas de luns a venres, aínda que os usuarios e usuarias poderán realizar as consultas telefonicamente no número 986 810 235.
Descargar todas as imaxes