O programa Verán Xove oferta preto de 2.000 prazas, o 10% para nenos e nenas con necesidades especiais
A concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso, presentou este martes unha nova edición do programa "Verán Xove 2010", que este ano oferta preto de 2.000 prazas, o 10% delas para rapaces e rapazas con necesidades educativas especiais. A edil nacionalista subliñou que esta proposta, que comeza xa no mes de xuño ao remate do curso escolar, ofrece 220 prazas máis que o ano pasado, co obxectivo de cubrir as necesidades da cidadanía e promover a conciliación da vida laboral e familiar. O prazo de inscrición é do 1 ao 10 de xuño.
"A Concellería de Xuventude mantén o seu esforzo para incrementar o número de prazas deste programa e mellorar a calidade a partir das suxestións das nais e os pais", afirmou Iolanda Veloso. A concelleira de Xuventude destacou que, tendo en conta a actual crise económica, as actividades manteñen os mesmos prezos do ano pasado, co obxectivo de facilitar a participación no programa de todas as familias.
Iolanda Veloso salientou tamén que "Verán Xove 2010" inclúe novas propostas, como o Verán en Castrelos, Verán de expedición en Vicus, o obradoiro de cómics "Un mar de viñetas" e a programación de actividades na ludoteca de Coruxo. Estas propostas uniranse aos campamentos en Bouzas, Lavadores, Samil e Teis, Tempo libre na Beiramar, a Escola hípica de verán o campamento de actividades náuticas e o campamento urbano.
A proposta complétase coas actividades lúdicas que se desenvolverán nos programas Castroconcertos, Súbete ao Castro, o intercambio xuvenil europeo "Draw me a future", nas ludotecas da Casa da Xuventude, Coia, Lavadores e O Calvario. Tamén forman parte de Verán Xove 2010 as propostas deportivas como o XI Campus Polideportivo, o X Torneo Internacional de Fútbol Base "Vgio Cup" e remo en Coruxo.
Iolanda Veloso explicou que mediante a colaboración entre as concellerías de Xuventude e Benestar Social tamén "buscamos a integración dos rapaces e rapazas con discapacidades e por iso lles reservamos o 10% das prazas". Neste sentido, indicou que as actividades contarán con monitores preparados para atender aos nenos e nenas con necesidades específicas e que poden estar integrados en grupos.
Respecto á inscrición, a concelleira de Xuventude indicou que o prazo de presentación da documentación é do 1 ao 10 de xuño, na Casa da Xuventude de 9 a 13.30 e de 17 a 19.30. Ademais da ficha de inscrición é preciso presentar a fotocopia do DNI do pai, nai ou representante legal do menor, o volante de empadroamento do menor, unha foto tamaño carné do rapaz ou rapaza e unha fotocopia da tarxeta sanitaria.
Descargar todas as imaxes