Arranca Navalia co obxectivo de abrir novos mercados e incrementar a carteira de pedidos dos astaleiros
O alcalde de Vigo e o tenento de alcalde asisten hoxe martes á inauguración da feira que se desenvolverá no Instituto Feiral de Vigo ata o 20 de maio. Na mostra estarán representados 75 países e 500 expositores que traballarán por afianzar o posicionamento da cita naval. Hoxe en día Navalia é xa un referente en Europa e unha das principais ferramentas de promoción da construcción naval en todo o mundo.
O alcalde de Vigo, o socialista Abel Caballero, participará hoxe martes na presentación de Navalia, a feira que a través das súas últimas convocatorias foi quen de mostrar ao mundo que o naval vigués é capaz de conxugar tecnoloxía, tradición e capacidade emprendedora. Todo elo coa vista posta nun futuro, no que as empresas traballarn por abrir novos mercados e incrementar a súa carteira de pedidos.
Navalia reunirá a partir de hoxe, e ata o 20 de maio, a 500 expositores en representación de 75 países. De feito un dos grandes logros da cita naval é que non só se mantivo pese aos tempos de crise, senón que foi ampliada e internacionalizada.
O alcalde asegurou na presentación do evento que as crises marcan "os finais pero tamén os principios", referíndose así a que as economías industriais están no momento de "definir escenarios, e nalgúns ámbitos se empezar a ver saídas". Neste contexto Navalia chega a súa terceira edición coa vocación de situarse entre as 3 primeiras do mundo, convertindo a Vigo en punto de encontro do sector naval. A día de hoxe xa é un referente en toda Europa e unha das principais ferramentas de promoción da construcción naval en todo o mundo.
Descargar todas as imaxes