venres, 21 mai 2010
O tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Santi Domínguez, anunciou este venres que neste mes de maio o Vigo Convention Bureau inicia o seu plan de promoción da cidade como destino de negocios. Na presentación do programa, na que tamén participou o xerente da entidade, Javier Arnau, o nacionalista destacou que Vigo estará presente nas principais feiras europeas nas que se pechan os congresos máis relevantes de ámbito internacional, sendo a primeira delas a INEX de Franfurt, e que o 18 de xuño formalizará a súa incorporación ao Spain Convention Bureau.
venres, 21 mai 2010
O Rally Rías Baixas reunirá este ano a 67 equipos entre os que están os catro millores pilotos clasificados no Campionato de España. O tenente de alcalde sinalou hoxe na presentación da proba, que sendo este un dato moi relevante, "a mellor noticia que hoxe podemos dar é que un ano máis estamos presentando o Rally". O nacionalista facía así referencia aos momentos de incerteza que hai uns meses se viviron sobre a continuidade da proba.
venres, 21 mai 2010
A Ministra Elena Espinosa inaugura este venres o peirao de Punta Muxieiro, máis coñecido coma Rodas, unha actuación que forma parte das inversións do Plan E do Goberno e na que se tiveron en conta as características medioambientais e paisaxísticas da zona. A inversión superou os 970.000 euros e a actuación deu emprego a 16 persoas.
venres, 21 mai 2010
Dende o vindeiro 25 ao 28 de maio, o Auditorio da A.VV. do Monte da Mina albergará baixo a dirección técnica da Escola Municipal de Teatro as I XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR, nas que participarán preto de 300 noveis actores e actrices pertencentes a 15 centros de educación primaria, que amosaron o seu compromiso cos valores socieducativos da práctica teatral.
venres, 21 mai 2010
O concelleiro de Cultura, Xesus López, asegurou este venres, na presentación do festival Vigo Transforma, que se celebrará do 2 ao 10 de xullo, que cumpre cos requisitos necesarios para que os vigueses viguesas gocemos dun grande evento. Asemade, o nacionalista salientou que posibilitará que fóra de Vigo "se nos visualice como a capital cultural da eurorrexión".