Escoitar
Organismo autónomo municipal Vigo-Zoo

Contratación dun veterinario e un oficial-coidador

<br />

venres, 21 mai 2010
O Consello de Administración do Organismo Autónomo Municipal Parque das Ciencias Vigo-Zoo en sesión celebrada o día 13 de maio do 2010, aprobou as bases das convocatorias para cubrir en réxime laboral temporal as seguintes prazas:

. Unha de veterinario, baixo a modalidade de contrato de interinidade, ata que a praza se cubra en réxime laboral fixo na forma legalmente establecida.

. Unha de oficial-coidador de mantemento, vixilancia e control, baixo a modalidade de contrato de relevo, ata a xubilación por idade do empregado relevado.

Por isto se procede a súa convocatoria na forma contemplada nas bases de cada unha das convocatorias.

O prazo de presentación de instancias será de 5 días hábiles contados a partires do seguinte a publicación deste anuncio neste xornal.

As solicitudes dirixidas á Presidenta do Organismo presentaranse no Rexistro Xeral do Organismo, do Concello de Vigo ou da Xunta de Galicia en horario de 9 a 13 horas. Tamén poderánse presentar de calquera das formas na forma previstas na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e de procedemento administrativo común.

As persoas interesadas deberán adxuntar á solicitude a documentación que figura na base IV das convocatorias.

As convocatorias xunto coas súas bases figuran expostas no taboleiro de anuncios do Organismo Autónomo, no taboleiro de edictos do Concello e na páxina web municipal (www.vigo.org).

Ademáis na oficina administrativa do Organismo, sita no Monte da Madroa, s/núm. na parroquia de Teis (Vigo), poderán ser consultadas e obter copia das mesmas.