xoves, 20 mai 2010
Abel Caballero asinou hoxe xoves coa Asociación de Veciños de Teis un convenio para a xestión dos servizos que ofrece o Centro Cívico do barrio, propiedade do Concello e no que realízanse "un número notable de actuacións, por enriba das conveniadas". O Concello achega 55.000 euros para as actividades e a contratación dun traballador para o Centro, e o alcalde valorou este como "un sistema de descentralización que está a amosar eficacia".
xoves, 20 mai 2010
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, recibiu este xoves aos integrantes das seleccións galega e inglesa de balonmán, que mañá se enfrontarán nun partido amigable que terá lugar no pavillón das Travesas ás 20.45 horas. Na recepción, que tivo lugar no Concello de Vigo, o nacionalista expresou o seu agradecemento á Federación Galega de Atletismo "por apostar e manter as competicións da selección galega".
xoves, 20 mai 2010
As entradas para asistir ao concerto que a cantante Norah Jones ofrecerá o 14 de xullo ás 22.30 horas en Castrelos sairán mañá venres á venda, segundo anunciou o concelleiro de Cultura, Xesus López. Poñeranse á venda 1.500 entradas, a un prezo de 12 euros adquirídoas anticipadamente e 15 euros en taquilla. Poderán mercarse a través de www.servinova.com, no teléfono 902 504 500 e na Central de Espectáculos (rúa Velázquez Moreno).
xoves, 20 mai 2010
A Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión ordinaria deste xoves, adoptou a decisión de "iniciar a contratación do servizo de redacción do proxecto de execución do túnel de Julián Estévez". Segundo o acordo suscrito coa Xunta de Galicia, o Concello licita o devandito servizo, que financia o goberno autonómico. Urbanismo aprobou tamén o pago de 116.000 euros polo proxecto de ordenación do entorno da Praza do Rei, realizado polo arquitecto Rafael Moneo.