Escoitar

A Casa das Artes inaugura mañá xoves a exposición de Pedro Dobao "De Valdeorras a Vigo. A miña colección persoal"

A Casa das Artes acolle dende mañá xoves e ata o 20 de xuño a mostra "De Valdeorras a Vigo. A miña colección persoal", do artista Pedro Dobao. A mostra, organizada pola Concellería de Cultura, pode visitarse de luns a venres de 18 a 21.30 horas, os sábados de 11 a 14 horas e de 18 a 21.30 horas, e os domingos e festivos de 11 a 14 horas.

mércores, 19 mai 2010
1274272288Contorsionista.jpg
A exposición inclúe esculturas do artista nacido en Valdeorras, realizadas cos máis variados materiais, como madeira, ferro, bronce ou pedra, creando un espazo escultórico característico ao modelar e facer combinacións co barro e os distintos materiais. Segundo destaca o crítico de arte José Luis Vázquez López, na creación de moitas das súas esculturas, Dobao céntrase nos valores culturais da terra, de xeito que en distintos pobos e cidades da paisaxe galega están presentes como obra pública.

Pedro Dobao conta cunha ampla traxectoria, dende as súas primeiras exposicións en Madrid e Barcelona, nos anos 1968, 1969, 1970 e 1973. Dende 1975, xa asentado en Vigo, participou en mostras en O Porriño, na Casa Galega da Cultura, na Casa das Artes, e na Galería CHROMA, entre outros espazos.
Descargar todas as imaxes