O alcalde garante "o máximo legal de axudas" de Industria a Citroën para a fabricación do coche eléctrico en Vigo
Abel Caballero reuníuse este martes co director xeral da factoría viguesa de PSA, Pierre Ianni, para por en común o proxecto municipal para converter a Vigo en "cidade piloto" do vehículo eléctrico. O alcalde explicou que Citroën, en colaboración co Ministerio de Industria, está a elaborar un plan para a construcción en Vigo do coche eléctrico, e engadíu que a ordenanza municipal en elaboración dará "todas as vantaxes" a este tipo de vehículos.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este martes que o Ministerio de Industria dará á factoría viguesa de PSA Peugeot Citroën "o máximo legal de axudas" para a construcción en Vigo do vehículo eléctrico.
Así o indicou o socialista despois dunha reunión co director xeral da planta de Vigo, Pierre Ianni, na que puxeron en común os aspectos máis significativos da iniciativa municipal para converter a Vigo en "cidade piloto" na fabricación e utilización do vehículo eléctrico. Caballero vencellou a consecución deste ambicioso plan á construcción en Vigo do coche como primeiro obxectivo, engadido á utilización do mesmo na cidade olívica.
De cara á construcción, o alcalde garantíu o máximo apoio legalmente posible do Ministerio a Citroën Vigo -recabado nunha reunión previa deste coa Secretaria Xeral de Industria-, e adiantou que Goberno e PSA están a redactar en conxunto o plan da fábrica para a elaboración do coche na cidade.
Abel Caballero tamén recordou que ten encargado unha ordenanza municipal tipo para primar a estes vehículos, normativa que incluirá a recarga nocturna que tería un custo de "prácticamente cero" e nulas emisións de CO2. "A utilización do coche eléctrico vai ter todas as vantaxes que lle podamos dar", indicou o alcalde, quen avanzou que unha posible medida de incentivo sería que estes automóbiles puideran estacionar gratis na zona azul. A normativa viguesa será preparada para que os restantes concellos de España puideran asumila a través da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).
A iniciativa viguesa para converterse en "cidade piloto" do automóbil eléctrico "está madurando", apuntou Caballero, quen ve "cooperación total" entre o Ministerio de Industria e PSA, factoría que vai "moi na liña" da consecución deste obxectivo vigués. Caballero xa adiantou que próximamente reunirase con Gas Natural e Unión Fenosa para abordar a facturación das recargas.
Para o alcalde vigués, o vehículo eléctrico é unha "oportunidade industrial estratéxica" para Vigo, polo que avogou porque o proxecto vigués "se poña en marcha de forma inmediata", xa que conta co "apoio absoluto" do Concello de Vigo e do Goberno de España.
ITE
Na mesma comparecencia de prensa, Abel Caballero deu conta do informe da Inspección Técnica de Edificios entre os anos 2006 e 2009, ambos incluídos, presentado hoxe martes na Xunta de Goberno Local cun grao "bastante notable" de cumprimento do 76%.
Segundo explicou, no ano 2006 realizáronse 2.357 inspeccións; en 2007, 1.801; en 2008, 1.734; e en 2009, 3.315 inspeccións técnicas de edificios.
Descargar todas as imaxes