Escoitar

Caballero propuxo ao ministro de Transportes portugués un "cambio estratéxico" na Alta Velocidade coa Península

O alcalde de Vigo avogou ante Antonio Mendonça pola construcción dun AVE que una Oporto e Madrid a través de Vigo, creando unha ele ferroviaria a 350 km/h que sumaría tres millóns de usuarios potenciais á liña e que uniría o traxecto en pouco máis de tres horas, sendo así "competitivo co avión". Caballero tamén propuxo esta opción para unir a Oporto con Francia a través de Vigo. Esta alternativa foi "ben recibida" polo ministro e acordaron manter novas reunións sobre esta iniciativa.

martes, 18 mai 2010
1274186366ministro.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reuníuse onte luns co ministro de Transportes e Comunicacións de Portugal, Antonio Mendonça, para plantexarlle un "cambio estratéxico" na concepción da Alta Velocidade portuguesa co resto da Península.

Segundo explicou Caballero hoxe luns ante os medios, a opción presentada polo alcalde pasaría por unir a 350 km/h Oporto con Vigo e Madrid, traxecto que completaríase en pouco máis de tres horas, facéndoo así competitivo co avión. Deste xeito, Vigo quedaría a 35 minutos de Oporto e a 2'35 minutos de Madrid a través de Cerdedo.

O alcalde indicou que esta alternativa suporía unha frecuencia dun tren cada 45 minutos e un "acopio moi importante de viaxeiros á rede Vigo-Madrid directo", que cifrou Caballero en tres millóns de persoas. O custo desta variante non excedería os 80 millóns de euros sobre o total.

Abel Caballero recordou que Portugal estase a plantexar a unión con España por Alta Velocidade ferroviaria, motivo polo que solicitou unha entrevista co ministro para presentar argumentos adicionais en favor da unión coa capital de España a través de Vigo. O mandatario portugués foi "moi receptivo" á proposta do alcalde, na que traballarán en próximas reunións.

Á unión de Oporto, Vigo e Madrid directa por AVE súmase unha segunda posibilidade: a conexión de Portugal con Francia a través da cidade olívica. Esta tamén sería "competitiva", apuntou Caballero, e permitiría percorrer Oporto-Vigo-París en oito horas nun vehículo nocturno.
Descargar todas as imaxes