Iolanda Veloso destaca o incremento do convenio coa Rede para respostar ás necesidades das mulleres maltratadas
A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, presentou este venres unha nova edición do convenio coa Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos, que este ano pasou dos 15.000 aos 17.000 euros. Na presentación, na que tamén participou a coordinadora da Rede, Rosa Fontaíña, a concelleira nacionalista destacou a importancia de que o Concello de Vigo siga facendo esforzos no financiamento desta entidade, nomeadamente nestes momentos de crise económica.
Iolanda Veloso salientou que á Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos ofrece unha atención complementaria á que se presta dende a Concellería de Igualdade, xa que segundo explicou, á asociación van mulleres que non se achegan directamente ás administracións.
"O esforzo que fan as mulleres por rachar co círculo da violencia e por sacar aos seus fillos dese círculo axuda, sen dúbida, a construír unha sociedade mellor", destacou a concelleira nacionalista. Asemade, incidiu no apoio que presta ás mulleres esta asociación dende 1997, que é pioneira no Estado español. A concelleira apuntou que "o desexable sería que non tivera que existir, ou ben por non producirse casos de violencia de xénero ou ben porque as administracións asumen plenamente as súas responsabilidades".
Iolanda Veloso, ao respecto, lamentou a desaparición do programa Rodela, dependente da Xunta, que ao seu xuízo provoca a desatención de moitas mulleres en todo o país. Porén, expresou os seus parabén á Rede e a Rosa Fontaíña, polo seu traballo continuado de atención, acompañamento, seguimento de casos e apoio no momento de que as vítimas realizan as denuncias.
Pola súa banda, Rosa Fontaíña, agradeceu á concelleira de Igualdade o aumento desta nova achega e destacou que o obxectivo da Rede consiste en que as mulleres maltratadas se sintan un pouco mellor, "polo que buscamos a súa integración social e laboral para avanzar no camiño da igualdade".
Respecto ao número de persoas que atende a asociación, Rosa Fontaíña sinalou que aproximadamente tres novas mulleres se achegan semanalmente á Rede. Indicou que a finais de 2009 descenderon as denuncias presentadas, "o cal non quere dicir que haxa menos maltrato", apuntou.
Neste sentido, a concelleira de Igualdade lembrou que a semana pasada se constituíu a Mesa de coordinación para a mellora da atención a vítimas de violencia de xénero, na que se analizaron os datos dispoñibles. Apuntou que se producen picos de presentación de denuncias en Nadal e tras as vacacións de verán, pero que o descenso xeneralizado dos últimos meses é motivado en numerosas ocasións "pola falta de recursos, especialmente da administración galega, e a situación económica das mulleres, agravada pola crise económica".
Descargar todas as imaxes