martes, 18 mai 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, destacou este martes o "esforzo orzamentario" que supón a nova convocatoria das subvencións a entidades das áreas que coordina a Tenencia de Alcaldía. Na presentación das axudas, na que tamén participou a concelleira de Benestar Social, María Méndez, o nacionalista destacou que experimentan unha "subida global" de medio millón de euros, chegando neste ano aos 2,5 millóns.
martes, 18 mai 2010
O alcalde de Vigo avogou ante Antonio Mendonça pola construcción dun AVE que una Oporto e Madrid a través de Vigo, creando unha ele ferroviaria a 350 km/h que sumaría tres millóns de usuarios potenciais á liña e que uniría o traxecto en pouco máis de tres horas, sendo así "competitivo co avión". Caballero tamén propuxo esta opción para unir a Oporto con Francia a través de Vigo. Esta alternativa foi "ben recibida" polo ministro e acordaron manter novas reunións sobre esta iniciativa.
martes, 18 mai 2010
A concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso, presentou este martes unha nova edición do programa "Verán Xove 2010", que este ano oferta preto de 2.000 prazas, o 10% delas para rapaces e rapazas con necesidades educativas especiais. A edil nacionalista subliñou que esta proposta, que comeza xa no mes de xuño ao remate do curso escolar, ofrece 220 prazas máis que o ano pasado, co obxectivo de cubrir as necesidades da cidadanía e promover a conciliación da vida laboral e familiar. O prazo de inscrición é do 1 ao 10 de xuño.
martes, 18 mai 2010
O alcalde de Vigo e o tenento de alcalde asisten hoxe martes á inauguración da feira que se desenvolverá no Instituto Feiral de Vigo ata o 20 de maio. Na mostra estarán representados 75 países e 500 expositores que traballarán por afianzar o posicionamento da cita naval. Hoxe en día Navalia é xa un referente en Europa e unha das principais ferramentas de promoción da construcción naval en todo o mundo.
martes, 18 mai 2010
O presidente de Aeroportos Españois e Navegación Aérea (AENA), Juan Ignacio Lema Devesa, presentou o pasado sábado a ampliación do aeroporto vigués nun acto no que estivo acompañado polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro. O investimento no novo Peinador roza os 60 millóns e suporá un "impulso decisivo" para a cidade, xa que duplicará a superficie e a capacidade.