Escoitar

Caballero considera que "a débeda con Coia comeza a quedar saldada" cos máis de 16 millóns investidos polo Concello

O alcalde cifrou nuns 9 millóns de euros os destinados polo goberno que preside a traballos de humanización en Coia, aos que suma os 7,7 do aparcamento soterrado en construcción. "Esta era a nosa débeda con Coia que comeza a quedar saldada", apuntou Caballero nunha visita á humanización de Vilagarcía, que estará concluída nuns 15 días, e leva un investimento municipal de 864.000 euros.

mércores, 19 mai 2010
1274272417vilagarcia.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este mércores que "a débeda con Coia comeza a quedar saldada" cos máis de 16 millóns de euros destinados polo goberno local que preside a melloras no populoso barrio vigués, uns 9 millóns en humanizacións e case 8 na construcción do aparcamento da Avenida de Castelao.

Así o sinalou nunha visita á obra de humanización da rúa Vilagarcía, con 864.000 euros de orzamento, e que estará concluída cos "mellores estándares de calidade e estética" nuns 15 días. A reforma contempla as beirarrúas de "granito de primeira calidade", iluminación eficiente, renovación das canalizacións soterradas e doble sentido de circulación para dotar á rúa dunha "gran fluidez de tráfico".

Xunto a esta rúa, o alcalde recordou o investimento de 437.000 euros na humanización da beirarrúa interior da Avenida de Castelao, xunto aos 5,4 millóns procedentes do "Plan Zapatero" para as melloras de Marín, Estrada, Baiona e Redondela, e a propia rúa Vilagarcía.

Ademais, a mellora e adecuación do carril bici da Avenida de Castelao está "a punto de comezar", segundo explicou Abel Caballero, cun orzamento de 300.000 euros, e tamén está "arrancando" a humanización da superficie do aparcamento en construcción da Avenida e as de Cangas e Salvaterra, con 1,1 millóns de euros de investimento. Por outra banda tamén está en marcha a mellora do carríl esquerdo da Avenida de Europa.

En total, "en Coia estamos a investir por enriba dos 16 millóns de euros", salientou o rexedor vigués, "o maior investimento da historia" neste barrio. Caballero apuntou que a "transformación" de Coia formaba parte do compromiso adquirido coa cidadanía polo que amosouse satisfeito coas melloras.
Descargar todas as imaxes