As entradas para o concerto que Norah Jones ofrecerá en Castrelos o 14 de xullo póñense á venda mañá venres
As entradas para asistir ao concerto que a cantante Norah Jones ofrecerá o 14 de xullo ás 22.30 horas en Castrelos sairán mañá venres á venda, segundo anunciou o concelleiro de Cultura, Xesus López. Poñeranse á venda 1.500 entradas, a un prezo de 12 euros adquirídoas anticipadamente e 15 euros en taquilla. Poderán mercarse a través de www.servinova.com, no teléfono 902 504 500 e na Central de Espectáculos (rúa Velázquez Moreno).
O concerto da cantante, pianista e compositora Norah Jones será o primeiro dos que se celebrará este ano no Auditorio de Castrelos dentro das Festas de Verán 2010. Esta actuación enmárcase na xira mundial da artista. Será unha das tres únicas citas que a cantante terá no Estado español e a única en Galiza, nas que Jones presenta o cuarto traballo, titulado "The Fall"e publicado no 2009.
Dende a publicación do seu álbum de debut "Come Away With Me" en 2002, Norah Jones converteuse nunha das artistas máis influentes e con máis vendas da década. Alcanzou o posto número un en medio mundo con cada un dos seus tres álbumes seguintes, sumou a cifra de 37 millóns en vendas en todo o mundo e recibiu 9 premios Grammy.
Descargar todas as imaxes