O alcalde convenia coa Asociación de Veciños de Teis a xestión do Centro Cívico, cunha achega de 55.000 euros
Abel Caballero asinou hoxe xoves coa Asociación de Veciños de Teis un convenio para a xestión dos servizos que ofrece o Centro Cívico do barrio, propiedade do Concello e no que realízanse "un número notable de actuacións, por enriba das conveniadas". O Concello achega 55.000 euros para as actividades e a contratación dun traballador para o Centro, e o alcalde valorou este como "un sistema de descentralización que está a amosar eficacia".
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asinou este xoves un convenio de colaboración coa Asociación de Veciños de Teis por valor de 55.000 euros para a xestión do Centro Cívico do barrio vigués.
En rolda de prensa posterior, Caballero explicou que o Centro é de propiedade municipal e presta o servizo á cidadanía mediante "un acordo de funcionamento" coa Asociación de Veciños para a organización das actividades.
Os 55.000 euros van dirixidos á contratación dun traballador para o Centro Cívico de Teis e para a prestación dos servizos e a organización de actividades. O alcalde valorou positivamente o sistema de funcionamento destas dotacións administrativas, da que o Concello dispón de catro actualmente, e que realizan "un número notable de actuacións, por enriba das conveniadas".
"É un sistema de descentralización que está a amosar eficacia", apuntou o socialista, quen recordou que o de Teis ofrece acceso a Internet e campamentos educativos de verán para os rapaces, que posibilitan a conciliación familiar e laboral.
O alcalde salientou a "magnífica e fluidísima relación" que mantén o Concello de Vigo coa Asociación de Veciños de Teis, cordialidade que extendeu ás restantes asociacións veciñais da cidade olívica.
"Plan Zapatero dous"
Abel Caballero tamén deu conta este xoves da Xunta de Goberno Local celebrada onte, e na que o Concello deu luz verde ás adxudicacións definitivas das humanizacións das rúas Bolivia e Padre don Rúa, de Tomás Alonso -ata a curva de San Gregorio-, e a primeira fase de López Mora -a que vai de Pi y Margall ata José Frau-.
O goberno local tamén validou a adxudicación definitiva da pista deportiva de maiores en Valadares e a provisional para o servizo de vixilancia e saúde do persoal do Concello, con 230.000 euros de investimento. As melloras costéanse a cargo do "Plan Zapatero dous", recordou o alcalde.
Caballero avanzou que nos próximos días continuará o resto das adxudicacións do Fondo Estatal para 2010, obras que uniranse aos case 9 millóns de euros xa en execución para melloras no rural. O alcalde concluíu que o Concello afonda na "reactivación do emprego na construcción" mediante estes investimentos.
Descargar todas as imaxes
En rolda de prensa posterior, Caballero explicou que o Centro é de propiedade municipal e presta o servizo á cidadanía mediante "un acordo de funcionamento" coa Asociación de Veciños para a organización das actividades.
Os 55.000 euros van dirixidos á contratación dun traballador para o Centro Cívico de Teis e para a prestación dos servizos e a organización de actividades. O alcalde valorou positivamente o sistema de funcionamento destas dotacións administrativas, da que o Concello dispón de catro actualmente, e que realizan "un número notable de actuacións, por enriba das conveniadas".
"É un sistema de descentralización