Abel Caballero subliña que o futuro do naval vigués pasa pola eficencia e a tecnoloxía
O rexedor socialista participou hoxe xoves nas Xornadas Europeas do Sector Naval, que se desenvolven en Vigo durante dous días, e mostrouse convencido de que a cidade continuará liderando a construcción naval en Europa. No marco das xornadas aprobouse a Declaración de Vigo na que a Federación Europea do Metal pide un programa de rescate para a construcción naval en Europa.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou hoxe xoves nas Xornadas Europeas do sector naval onde se mostrou convencido de que o futuro do naval vigués pasa pola eficienca e a tecnoloxía. "Estou convencido de que Vigo continuará liderando o sector da Unión Europea de construcción naval", explicou o alcalde quen subliñou o lugar que ocupa a industria naval de Vigo dentro da Unión Europea. "Por número de traballadores e por capacidade de producción Vigo é a cidade de referencia".
Abel Caballero aludiu aos momentos de dificultade que atravesa o sector derivado da crise pero avogou pola competitividade e polas axudas económicas, tanto da Xunta como do Goberno central. Ademáis engadiu que "Europa non pode abandoar a construcción naval", polo que apuntou que hai que sumar "valor engadido e buques de alta calidade".
Neste contexto o alcalde socialista asegurou que de 2005 a 2009 a industria naval viguesa exportou por un valor superior aos 1.000 millóns de euros e que nestes momentos os astaleiros do sur de Galicia están a entregar os buques contratados antes da crise. "Me consta ademáis que se está a traballar para acadar novos encargos para os astaleirso", dixo.
O rexidor, ao igual que os organizadores de Navalia, mostrouse confiado en que as vindeiras semanas servirán para ir pechando contratos que permitirán que a industria naval de Vigo poida manter o seu nivel de actividades. Unha confianza que ven avalada, segundo explicou, pola "capacidade das persoas que demostraron que son merecedoras desa confianza".
Caballero referiuse deste xeito ao posicionamento internacional conquerido por Navalia en tan so tres edicións. "As expectativas son boas porque a industria naval viguesa apostou pola tecnoloxía, pola eficiencia e pola busca activa de posibilidades de negocio".
Pola súa banda a Secretaria Xeral de Industria, Teresa Santero, incidiu en que éste é o momento de "cambiar a orientación da política industrial" e apostou por dar unha resposta "coordinada" para recuperar o emprego e "mellorar a competitividade" como "requisito para sobrevivir".
Declaración de Vigo
No marco das Xornadas aprobouse a Declaración de Vigo, na que a Federación Europea do Metal pide urxentemente á Unión Europea e ao Consello de Ministros "un programa de emerxencia para o rescate da construcción naval en Europa". A declaración, que lle será entregada ao presidente do Goberno e presidente de turno da UE, José Luis Rodríguez Zapatero, levarase á Cumbre de Primeiros Ministros e Xefes de Estado que se celebrará a finais deste mes. O programa, respaldado por sindicatos do sector de toda Europa, implica a estimulación da demanda, a garantía da financiación da construcción de buques, a innovación e protección do medioambente, a creación de condicións de competencia xustas así como a garantía do emprego, impedindo a degradación da industria naval.
A escasez de creto pola crise económica e financeira, a competencia desleal dos estados asiáticos a dependencia da industria da capacidade de innovación, a perda de emprego ou a deslocalización son algúns dos retos a superar segundo recolle a citada declaración.
Descargar todas as imaxes