Escoitar

Peche ao tráfico da rúa Cruceiro Vello (Bouzas)

venres, 21 mai 2010
Ponse en coñecemento do público en xeral que, por mor das obras de humanización a realizar pola empresa ORECO, estará pechada ao tráfico a rúa CRUCEIRO VELLO (Bouzas), con acceso exclusivo para garaxes, dende o luns 24 de maio de 2010 ás 10:00 horas e por un período aproximado de tres meses.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.