Escoitar

A Concellería de Educación pon en marcha coa Escola Municipal de Teatro as I Xornadas de Teatro Escolar

Dende o vindeiro 25 ao 28 de maio, o Auditorio da A.VV. do Monte da Mina albergará baixo a dirección técnica da Escola Municipal de Teatro as I XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR, nas que participarán preto de 300 noveis actores e actrices pertencentes a 15 centros de educación primaria, que amosaron o seu compromiso cos valores socieducativos da práctica teatral.

venres, 21 mai 2010
1274439144educacion.jpg
As Xornadas están orientadas a enriquecer a formación dos nenos/as, mozos/as, estas xornadas posibilitan unha experiencia de participación aberta a toda comunidade educativa: alumnado, profesorado, familias e contorno.

Estas I XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR poñen ao alcance dos centros educativos participantes, un servizo de apoio e seguimento que garante todo tipo de consultas e intercambios de información sobre este encontro teatral, que é dinamizado polo claustro de profesores/as da Escola Municipal de Teatro de Vigo que promove o Servizo Municipal de Educación.

Cada un dos quince centros de ensino participantes ofrecerá unha representación teatral, e deste xeito compartirá co resto dos centros o traballo creativo que desenvolveron individual e colectivamente ao longo do curso.

A diferenza doutras iniciativas como mostras ou concursos de teatro escolar, esta programación didáctico-teatral favorece e supón un reforzo tanto do proceso de traballo creativo cotiá do profesorado e alumnado nos centros escolares como da plasmación final por parte dos escolares en formato obra de teatro.

Coa implementación destas xornadas preténdese recoñecer o labor creativo que se está a desenvolver nos centros de ensino, ademáis de tender pontes de froitífera colaboración entre os contornos escolares e o teatro profesional.
Descargar todas as imaxes

Máis información