O Concello organiza rutas en veleiro pola ría

venres, 13 xuñ 2008

A Concellería de Medio Ambiente programa rutas en veleiros que se celebrarán os días 21, 22 e 28 de xuño. As persoas interesadas poden inscribirse ata o martes día 17 de xuño no 010. "Vigo camiño a camiño" daralle aos cidadáns, a oportunidade de coñecer a bordo dun veleiro a riqueza do medio mariño de Vigo, as artes tradicionais de pesca e mesmo mergullarse nas augas do Atlántico.

8.000 persoas coñeceron o medio natural con "VIGO CAMIÑO A CAMIÑO"

xoves, 12 xuñ 2008

Máis de 8.000 persoas participaron nas 11 rutas que incluía o programa de sendeirismo do Concello "Vigo camiño a camiño" que se celebrou desde o pasado 2 de marzo. A cifra deuna a concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago , nun acto de peche do programa, que tivo lugar onte mércores pola tarde , no que lembrou que con esta inicitiva o Concello deu a posibilidade de coñecer mellor o contorno natural da cidade ao mesmo tempo que aprender a respectar e coidar o patrimonio ecolóxico de Vigo.<br />

Os segredos mariños das Illas Ciés, ultima ruta do programa "Vigo, camiño a camiño"

venres, 6 xuñ 2008

O domingo, 8 de xuño, Día Mundial dos Océanos, terá lugar a derradeira ruta de sendeirismo do programa "Vigo camiño a camiño" que nesta ocasión discorrerá polas Illas Cíes. Trátase dunha iniciativa do Concello de Vigo impulsada pola Concellería de Medio Ambiente, de xeito conxunto coa dirección do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

Seis praias de Vigo reciben a bandeira azul para este verán

xoves, 29 mai 2008

Abel Caballero valorou de forma positiva este outorgamento, que recoñece a calidade dos areais de A Punta, O Vao, Rodas, O Tombo do Gato, Canido e Fontaiña. En comparación co ano pasado, a cidade conta cunha distinción menos, a da praia de Argazada, en Alcabre, un "erro de interpretación" do organismo que concede as bandeiras ao considerala como parte de Samil, explicou o alcalde.

O Goberno Local aumentará as sancións por contaminar ata os 3.000 euros

luns, 12 mai 2008

<br /> O alcalde avanzou que o Concello está a actualizar a ordenanza municipal de medioambiente, que databa de 1994, que equiparará as sancións por contaminación ás de ámbito estatal e autonómico. As multas, que ata o de agora non superaban os 90 euros, poderían alcanzar os 3.000 euros. Abel Caballero advirte que a "tolerancia cero" cos verquidos "vai moi en serio".

A duna e o paseo da praia de Rodas estarán acondicionados o próximo verán

xoves, 8 mai 2008

O alcalde e o Presidente do Parque Illas Atlánticas revisaron este xoves as actuacións pendentes, como a recuperación da ubicación orixinal da duna para o verán de 2009, co paseo por detrás da mesma. Ademais tratouse a reparación do molle de Rodas, a recuperación do deseño orixinal do local e a rehabilitación da ponte de pedra entre as dúas partes da isla. Para este último proxecto, Abel Caballero quere contar cunha "figura da arquitectura e o urbanismo de talla mundial".