Medioambiente xa atendeu 55 peticións cidadás na campaña de 2010 de control da colonia de gaivotas
A concelleira socialista, Chus Lago, informou este venres da apertura da campaña de control da colonia de gaivotas deste ano, que retira ovos tanto a petición cidadá no 010 como de oficio, en zonas de nova expansión. O obxectivo municipal é rebaixar as molestias producidas á xente e, a longo prazo, rebaixar á metade o número de gaivotas. A edil solicitou a colaboración cidadá.
A concelleira de Medioambiente, Chus Lago, indicou este venres que o seu departamento xa ten atendidas 55 chamadas de cidadáns dentro da campaña municipal de 2010 de control da colonia de gaivotas.
A campaña prevé a retirada dos ovos nos niños das gaivotas entre o 15 de maio e o 17 de xuño, época previa á eclosión dos mesmos e que permite que non volvan aniñar. Os ovos, como calquera molestia producida polas gaivotas, retíranse a demanda cidadá (chamando ao teléfono gratuito 010) e tamén de oficio en zonas de nova expansión.
A maioría das chamadas xa atendidas este ano responden a molestias producidas pola agresividade dos animais en época de cría e porque os niños atascan algunha canalización nos edificios. Por outra banda, Medioambiente actuará de oficio en zonas de expansión da colonia que os biólogos detetaron en Teis, Sanjurjo Badía, a Travesía de Vigo, o Calvario e Balaídos, e tamén identificáronse novos asentamentos na Doblada, Guixar, na ETEA e no suroeste de Coia.
O obxectivo desta actuación, levada adiante por primeira vez en 2009 e continuada este ano, pasa pola reducción das molestias á veciñanza e, a longo prazo, pola dimunión á metade da actual colonia de gaivotas -que en Vigo suma mil parellas- ata acadar o nivel de 2001. Chus Lago explicou que a actuación constante na retirada dos ovos demostróuse como a máis eficaz para o control do número de exemplares.
A edil socialista solicitou a colaboración cidadá nesta campaña, permitindo aos biólogos o acceso aos tellados na extracción de oficio dos ovos, chamando ao 010 en caso de molestias, instalando barreiras nos tellados dos edificios para dificultar o aniñamento e evitando deixar residuos á vista e alcance das gaivotas.
Cíes
Chus Lago explicou que, sumadas as 1.000 parellas rexistradas en Vigo, as Illas Cíes acollen a 30.000 parellas de gaivotas, o que representa máis da terceira parte das presentes en toda a fachada atlántica, entre Rotterdam e o sur de Portugal.
Anos anteriores
Segundo indicou a socialista, no ano 2008 non comezara o reforzo no control, pero aínda así o seu departamento retirou 26 niños de gaivota, 24 ovos e 37 picados, e 162 gaivotas entre feridas e mortas por accidente.
No 2009, ano de inicio da campaña, Medioambiente retirou -unicamente a demanda cidadá- un total de 272 niños de gaivota, 267 ovos, 118 polluelos feridos e 92 exemplares adultos. De oficio -nas zonas de nova expansión da colonia-, a Concellería que dirixe a socialista retirou outros 53 ovos de gaivota máis.
Chus Lago reiterou a necesidade da colaboración cidadá para o acceso aos edificios, en particular nas actuacións de oficio, para conseguir o obxectivo este 2010 de mellorar os resultados do pasado e inicial ano da campaña.
Descargar todas as imaxes