Escoitar

Abel Caballero participará no acto de presentación do Vigués Distinguido 2010 á Sociedade Helios de Bembrive

O alcalde asistirá ao acto, que terá lugar o vindeiro sábado, 8 de maio, ás 19:30 horas no que ofrecerase o galardón aos afiliados da SCDR Helios de Bembrive e aos colectivos veciñais que apoiaron a proposta. No evento serán homenaxeados os presidentes anteriores da Sociedade e actuarán os grupos Coral Polifónica Helios e a banda de gaitas Cans de Palleiro.

venres, 7 mai 2010
As actividades completaranse o vindeiro domingo, 9 de maio, co "II Festival Tradicional Cans de Palleiro", organizado polo grupo de gaitas que leva o mesmo nome, e que pertence á Sociedade Cultural Deportiva e Recreativa Helios de Bembrive.

Xunto a este, tamén subirán ao escenario as bandas de gaitas "Lume de Candela" e "Estivada" de Calo (A Coruña).