Escoitar

Peche ao tráfico do cruzamento de Policarpo Sanz con Velázquez Moreno

venres, 7 mai 2010
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de impermeabilización do parquing, a realizar pola empresa UTE DRAGADOS-EXCONSA, estará pechado ao tráfico o cruzamento das rúas Policarpo Sanz con VELAZQUEZ MORENO, con acceso exclusivo para garaxes, dende o martes 11 de maio de 2010 ás 10:00 horas e por un período aproximado dunha semana.

Mentres dure o peche os vehículos accederán pola rúa Darío Alvarez Blázquez cara á rúa Marqués de Valladares. Solicítase a máxima colaboración cidadá.