luns, 3 maio 2010

Caballero insta á Xunta a continuar o proceso expropiatorio dos terreos da depuradora

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, enviou hoxe unha carta ao conselleiro de Medio ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, para que a Xunta continúe o proceso expropiatorio dos terreos da depuradora iniciado en decembro de 2008. Caballero plantexa na misiva o compromiso de que no momento no que a Xunta continúe este proceso, adiante os recursos e se firme o convenio, a administración local financiará os terreos.

Santi Domínguez anuncia o investimento de 1.146.000 euros para a reforma do alumeado e a ornamentación do Casco Vello

luns, 3 mai 2010

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, anunciou este luns o investimento de 1.146.000 euros para a execución de novas actuacións de mellora no Casco Vello, con cargo aos fondos do plan FEIL 2010. Segundo destacou o nacionalista, o proxecto consiste na continuación de renovación do alumeado e os servizo públicos e o impulso dun plan de ornamentación no barrio que permitirán rematar o 2010 cun 90% do Casco Vello remodelado.<br />

O alcalde anuncia a reforma de "todo o Parque Central de Bombeiros de Teis"

luns, 3 mai 2010

Abel Caballero informou de que a Xunta de Goberno Local aprobou hoxe luns a substitución da cuberta do Parque Central, o "comezo dunha gran reforma" que afectará a todo o edificio de Bombeiros de Teis. O alcalde indicou que a mellora permitirá que os vehículos conten cun estacionamento individual con saída automática, para gañar en axilidade no caso dunha emerxencia.

Vigo recibe hoxe luns o Premio Nacional de Deporte en recoñecemento á súa traxectoria deportiva

luns, 3 mai 2010

Unha delegación do Concello de Vigo, integrada polo alcalde, o tenente de alcalde e o concelleiro de Deportes, recollerá esta tarde o Premio Nacional de Deportes do Consejo Superior de Deportes. Ás 19 horas, SS.MM. os Reis, os Príncipes de Asturias e as Infantas Dona Elena e Dona Cristina, acompañados polo secretario de Estado para o Deporte, Jaime Lissavetzky, presidirán a entrega dos galardóns, que se celebrará no Palacio Real de Madrid e que supón o recoñecemento á traxectoria deportiva de Vigo.