Caballero repasa xunto ao Bispo de Tui-Vigo a retirada dos símbolos franquistas
O rexidor local reuniuse esta mañá con Luis Quintero Fiuza para poñelo en coñecemento dos acordos pechados co seu precedesor no cargo. Caballero destacou o carácter afable do Bispo e confiou en manter "unha relación formal e proveitosa"
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo esta mañá un encontro co Rvdmo. Bispo de Tui-Vigo, Luis Quintero Fiuza, co que repasou as cuestións en común entre ambos organismos "que son moitas", segundo apunto o rexidor local. Entre algunhas destas cuestións figuran os acordos acadados co seu precedesor no cargo en función da Lei de Memoria Histórica, de retirada da simboloxía franquistas nas igrexas da cidade, prácticamente
Ata o de agora o cumprimento da lei "é moi satisfactoria", indicou Caballero, e apostou por enfocar a memoria histórica desde "a concordia e pechar feridas". O rexidor socialista salientou tamén o tono de afabilidade do encontro co novo Bispo, de quen destacou o seu "bo coñecementod a cidade e da realidade económica". O alcalde confiou que manterase unha "relación formal e proveitosa"
Descargar todas as imaxes