Escoitar

O alcalde anuncia a adxudicación de 250 becas de inglés a alumnos de 3º de Secundaria

Os estudantes pasarán unha estadía de 3 semanas en Inglaterra ou Reino Unido en réxime de inmersión lingüística grazas a un programa que conta cun orzamento de 600.000 euros. Como novedade desta convocatoria o alumnado dos centros concertados do municipio poido acceder ás prazas que quedaron dispoñibles, un total de 50, dándose preferencia e cubrindo primeiro as solicitudes de centros públicos da cidade, que cumpriron cos requisitos exisidos.

venres, 30 abr 2010
1272631235becas.jpg
A Xunta de Goberno local adxudicou hoxe as 250 becas do programa municipal de Inmersión en Lingua Inlgesa para alumnos de 3º da eso de centros da cidade sostidos con fondos públicos. As prazas duplican as ofertadas o pasado ano e contemplan unha estadía de 3 semanas en Irlanda ou Reino Unido en réxime de inmersión lingüística.

O alcalde, Abel Caballero, destacou a progresión de oferta de prazas do actual goberno que pasou de ter "0 prazas en 2007 as 250 de 2010". A este número de becas hai que engadir ademáis, segundo explicou Abel Caballero, as 100 prazas adicionais da Escola Oficial de Idiomas para alunos de entre 25/30 anos que estudan idiomas neste organismo oficial.

A novedade da convocatoria deste ano é que se ampliou a oferta a centros educativos concertados "aínda que se da prioridade aos centros públicos porque son da nosa competencia", asegurou Caballero. O rexidor socialista explicou que deste xeito "se deu resposta a demanda de todos os centros públicos da cidade e en torno a 50 becas foron para centros concertados".

O programa, que conta cunha inversión de 600.000 euros, persigue facilitar aos estudantes o dominio do inglés e que sexan capaces de ver a súa utilidade. Neste sentido Abel Caballero adiantou que o vindeiro ano ofertaránse 500 becas, dupricando así a oferta actual.

Entre os requisitos exisidos aos estudantes, destaca ademáis de cursar 3º da ESO nun centro sostido con fondos públicos, ter aprobadas todas as materias de 2º da ESO no pasado curso e contar cunha nota media de inglés de 6.
Descargar todas as imaxes