xoves, 29 abr 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, anunciou que nos vindeiros días estarán a disposición da Xunta de Galiza terreos municipais para contruír o albergue. En resposta ás preguntas dos medios sobre as declaracións da Conselleira de Traballo e Benestar nas que aseguraba que o Concello era o responsable de que Vigo non tivera albergue, o nacionalista afirmou que o goberno vigués "non fará deixación de funcións cando se trate de traballar pola dignidade humana".
xoves, 29 abr 2010
O alcalde, Abel Caballero, e a concelleira de Vías e Obras, Isaura Abelairas, visitaron este xoves as obras de acondicionamento da rúa Xílgaro, onde renovarase a rede soterrada de abastecemento e saneamento e construirase unha beirarrúa. A inversión municipal nesta rúa ascende a 270.000 euros e o alcalde amosou a súa "satisfacción" por mellorar un vial en "estado catastrófico e intransitable".
xoves, 29 abr 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, anunciaron este venres a renovación dos convenios bianuais co Comedor da Esperanza, a asociación Afán e os Hermanos Misioneros de los Enfermos Pobres, por un importe global de 60.000 euros. Os nacionalistas salientaron a labor que realizan estas entidades como complemento á atención pública ás persoas con menos recursos.
xoves, 29 abr 2010
O concelleiro de Cultura, Xesus López, presentou este xoves o festival de jazz Imaxina Sons, que se celebrará do 23 de xuño ao 4 de xullo en diversos espazos da cidade, como o recén reformado Auditorio Municipal. O nacionalista salientou que nesta sexta edición o festival "non se pon límites" e aínda que se centra no jazz europeo tamén fai incursións no jazz latinoamericano.
xoves, 29 abr 2010
Dende o 1 de maio e ata o 13 de xuño terá lugar o VI Concurso de Fotografía Dixital Vigozoo-Caixanova, de participación online e dirixido exclusivamente a rapaces e rapazas de 2º e 3º ciclo de educación primaria. Coma nas últimas edicións, está subvencionado por CAIXANOVA e neste caso está dirixido a todos/as rapaces/as de 2º e 3º ciclo de educación primaria que realicen fotografías nas nosas instalacións durante todo este período. Anímate a participar e consigue fantásticos premios e actividades de verán no zoo gratuitas.