Escoitar

A Oficina de Vivenda de Vigo de Vigo levará adiante o desenvolvemento do planeamento de 12.000 vivendas na cidade

O alcalde de Vigo explicou hoxe que a recén creada oficina encargarase de desenvolver este planeamento no que se prevé a construcción de 6.000 vivendas de protección. Anunciou así que en breve se abrirán as listas, os prazos e se iniciará o proceso de edificación. A oficina tamén xestionará os planes de axudas a rehabilitación de vivendas do Goberno e sumará deste xeito novos servizos polo que encargarase da "tramitación e do exercicio de todos os ámbitos de vivenda do Concello"

mércores, 28 abr 2010
1272459044vivenda.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou hoxe que a recén creada oficina de Vivenda de Vigo tamén levará adiante o desenvolvemento do planeamento de 12.000 vivendas na cidade, das que arredor de 6.000 serán de protección. Así o avanzou o rexidor socialista quen ademáis adiantou que "en breve abriremos listas, plazos e iniciaremos o proceso de edificación e adxudicación".

Abel Caballero lembrou que a comisión executiva da Federación de Municipios e Provincias (FEMP) celebrada onte tomou a decisión "relevante" de que sexan os municipios os que tramiten os plans de rehabilitación. O Goberno central ven de aprobar o proxecto de axudas a través de decuccións do 10% do IRPF e IVE reducido para a rehabilitación, reforma e acondicionamento de vivendas. A tramitación dos plans requerirá de información e actuaciones desde as administracións públicas polo que o rexidor socialista asegurou que "dende logo Vigo o vai facer".

Deste xeito a oficina de vivenda de Vigo encargaráse da "tramitación e do exercicio de todos os ámbitos de vivenda do Concello", asegurou Caballero. En Vigo todos os trámites poderán realizarse a través da recén inaugurada Oficina de Vivenda creada para ampliar, mellorar e profesionalizar o mercado de aluguer na cidade. Con este servizo, inquilinos e propietarios poden informarse das vivendas e das opcións ofertadas pola sociedade e súmanse tamén as xestións do proceso de rehabilitación.

Cumbre de Ministros de Pesca
Abel Caballero tamén se referiu hoxe ao Consello informal de Ministros de Pesca que acollerá a cidade os vindeiros 4 e 5 de maio e na que se abordarán, a través dun debate aberto, todas as cuestións vencelladas ao mundo da pesca.

O alcalde significou a importancia da celebración da Cumbre na cidade de Vigo, "quizáis de máis importancia que a World Fishing Exhibition porque só sucede en países cada 15 anos", afirmou. O rexidor socialista avanzou que serán días moi importantes para Vigo e esperou que "toda a cidade celebre esta reunión e que sexamos copartícipes deste magno e gran encontro".
Descargar todas as imaxes